Inicio Reportaxes Antigo convento e a Igrexa de Sanfins de Fiestras

Antigo convento e a Igrexa de Sanfins de Fiestras

Antigo convento e a Igrexa de Sanfins de FiestrasO bosque que circunda o antigo convento de Sanfins e o ambiente tranquilo das súas ruínas a metade da ladeira, fan de leste, un lugar de visita obrigada. Localízase na freguesía de Friestas e pertence a o concello de Valença do Miinho.

Tras séculos de abandono e devorado pola maleza, a principios do século XIX rescatouse e en 1927 foi declarado Monumento Nacional. Hoxe en día está nun estado moi calamitoso, pero pódese apreciar a grandeza que tivo: hortos, claustros, acuedutos, muros, aposentos, muíños, etc. O máis rechamante e mellor conservado é a súa igrexa de traza románica do século XII.Antigo convento e a Igrexa de Sanfins de Fiestras

En 2016 o mosteiro integrouse no programa ‘ Revive’, proxecto do Estado portugués que prevé a abertura do patrimonio ao investimento privado para o desenvolvemento de proxectos turísticos. A área afectada para uso turístico é a totalidade das edificacións, con excepción da Igrexa

Na igrexa sobresaen os motivos decorativos dos capiteis. A construción románica, dunha soa nave, formaba parte do mosteiro da Orde Beneditina (ou segundo o investigador Manuel Luís Real, dos Cónegos Regrantes de Santo Agostinho). Data da segunda mitade do século XII, inda que as obras se prolongaron ata preto do ano 1.220. Presenta unha cabeceira redonda cos cachorros esculpidos con motivos fitomórficos e zoomórficos en gárgulas. Está clasificada como monumento nacional desde 1910.Antigo convento e a Igrexa de Sanfins de Fiestras

Do seu parte posterior xorde un carreiro ladeira arriba que nos conduce a un fermoso miradoiro con vistas ao val cunha cruz que o preside. A Câmara Municipal de Valença habilitou dúas sendas/trilhos, que permiten coñecer a riqueza que rodea esta xoia románica. Un deles é o trilho “Entre mosteiros” que consta de 11 km. desde Ganfei.

Outra ruta é a que parte da capela da “Senhora do Faro” a partir desa época cando empezan os traballos de recuperación con interrupcións no tempo ata os nosos días.

A mellor forma de acceder é subindo o Monte do Faro e, antes de chegar ao alto, hai que virar á dereita e seguir as indicacións, non sempre moi visibles, cara ao convento.

Antigo convento e a Igrexa de Sanfins de FiestrasAntigo convento e a Igrexa de Sanfins de FiestrasAntigo convento e a Igrexa de Sanfins de Fiestras

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies