spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAmigos da Terra pon en marcha unha Rede de Hortas Ecolóxicas Escolares

Amigos da Terra pon en marcha unha Rede de Hortas Ecolóxicas Escolares

Amigos da Terra pon en marcha unha Rede de Hortas Ecolóxicas EscolaresAmigos da Terra pon en marcha unha Rede de Hortas Ecolóxicas Escolares

O pasado mes de setembro Amigos da Terra iniciou un novo proxecto de Educación para o Desenvolvemento, financiado pola Xunta de Galicia, sobre agroecoloxía e soberanía alimentaria. Grazas a este proxecto poñeran en marcha una Rede de Hortas Ecolóxicas Escolares na cidade de Vigo e continuaran coa difusión e a formación en método biointensivo de cultivo de alimentos.

A estas alturas xa conformaron a Rede de Hortas, que proximamente terá unha web propia onde se pode coñecer en detalle todo o que fan os oito centros escolares integrados: EEI Vila Laura, EEI Monte da Guía, CEIP Frian de Teis, CEIP Josefa Alonso, CEIP A Doblada, CEIP San Salvador de Teis, CEIP Sobreira-Valadares e CPR Possumus.

Ademais da web, que funcionará como un espazo de intercambio e aprendizaxe para os centros, os centros xa están recibindo visitas de apoio técnico para traballar a horta co alumnado, e participarán ao longo do curso escolar en varias formacións para o persoal docente.

Así, onte comezaron unha formación básica en agricultura ecolóxica para que o profesorado adquira coñecementos e habilidades para implicarse de cheo na planificación da horta do seu centro. Doce horas de formación que lles achegarán aos principios básicos da agricultura ecolóxica e  a ferramentas prácticas para empregar tanto na horta como no traballo de aula asociado aos proxectos de hortas escolares.

- Publicidade -spot_img