Inicio Pontevedra Alumnos do V Obradoiro de Emprego 'Terras do Miñor' ofreceron un xantar...

Alumnos do V Obradoiro de Emprego ‘Terras do Miñor’ ofreceron un xantar de San valentín a 60 maiores da Mancomunidade

alumnos-do-v-obradoiro-de-emprego-terras-do-minor-ofreceron-un-xantar-de-san-valentin-a-60-maiores-da-mancomunidade

A Mancomunidade do Val Miñor convidou este martes a un xantar de San Valentín a 60 maiores de Baiona, Nigrán e Gondomar, na Residencia de Tempo Libre de Panxón, onde foron atendidos  polos alumnos do V Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor”, iniciativa posta en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Á presentación asistiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o alcalde de Baiona e presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Ángel Rodal; o rexedor de Gondomar, Francisco Ferreira, e concelleiros de Nigrán, que visitaron aos 20 alumnos e alumnas da comarca que, dende o pasado mes de decembro, están a recibir formación e emprego a través do obradoiro Terras do Miñor V.

Esta iniciativa mixta de formación e emprego conta con dúas especialidades: operacións básicas de cociña e servizos de restaurante e bar para que as 20 persoas desempregadas aprendan e traballen de forma práctica nunha ocupación encamiñada ao sector da hostalería. Os obxectos de actuación deste programa son a elaboración de comidas e servizo de restaurante para o comedor social da Mancomunidade; actos socioculturais e/o deportivos; exaltación de produtos típicos da zona e limpeza de instalacións de titularidade municipal ou preparación de bebidas, mesas para actos dos concellos. O persoal a cargo do curso está formado por un director, un titor, dous docentes e persoal administrativo de apoio.

Este martes, dentro das actividades programadas, os alumnos e alumnas ofrecían un xantar por San Valentín a un total de 60 veciños e veciñas dos tres concellos da comarca que quixeron celebrar esta data. Na visita, que comezou cun cóctel de benvida para pasar despois a un completo almorzo adaptado a esta data especial, tamén estivo presente o rexedor de Gondomar, Francisco Ferreira, e responsables do goberno local de Nigrán.

Coma sinalou o delegado, a Xunta destina preto de 180.000 euros a este programa para a Mancomunidade do Val Miñor, sendo xa a quinta edición na que se outorga esta iniciativa mixta. Esta formación impulsa tamén o emprendemento xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Ademais de recibir esta formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional e un certificado de profesionalidade ao remate do mesmo.

O presidente da Mancomunidade destacou a iniciativa posta en marcha grazas a unha achega da Xunta para promover a formación das persoas desempregadas da comarca e destacou os esforzos dos tres municipios para conseguir “xente preparada e especializada grazas aos obradoiros, de maneira que poidamos fomentar o emprego no Val Miñor e que mediante a formación poidan entrar no mercado de traballo”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies