spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAlumnado do Colexio PP Somascos da Guarda crean no Monte Santa Trega...

Alumnado do Colexio PP Somascos da Guarda crean no Monte Santa Trega o “Espazo Revirando”

Alumnado do Colexio PP Somascos crean no Monte Santa Trega o “Espazo Revirando”A acción medioambiental, enmarcada dentro da carreira Revirando, tivo lugar o pasado xoves día 3 de marzo

Cousas de revista nº16

O pasado xoves día 3 de marzo, dentro das accións da carreira Revirando, realizouse unha actividade medioambiental á que asistiron alumnos do Colexio PP Somascos da Guarda acompañados de equipo docente e dos Concelleiros Rafa Álvarez e Montserrat Magallanes.

O alumnado do Colexio PP Somascos “fixo feliz ao polbo” imaxe da iniciativa Revirando, xa que levaron a cabo unha plantación no Parque “Pai Baltasar Merino” na zona de Chans do Monte Santa Trega, creando deste xeito o “Espazo Revirando”.

En palabras de David Alonso, do equipo docente do Colexio PP Somascos e impulsor desta actividade, “o polbo de Revirando ten moitos tentáculos, e o da natureza é un moi importante.

Na actividade do pasado xoves plantáronse diferentes especies arbóreas coma carballos, árbores con moita saúde, como a carreira Revirando, da que proximamente anunciaranse novidades.

Tamén se colocou no parque “Pai Baltasar Merino” un fermoso atril de madeira coa imaxe do “polvo Revirando para inmortalizar a visita.

Nesta acción medioambiental colaborou a Comunidade de Montes de Camposancos, que cedeu os terreos e axudou nas tarefas de plantación, así coma o concello da Guarda, que doou os árbores plantados e Viveiros Tollo que doou diferentes plantas para embelecer a zona.

- Publicidade -spot_img