spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAlcalde e concelleira de Servizos Sociais da Guarda reciben o equipo de...

Alcalde e concelleira de Servizos Sociais da Guarda reciben o equipo de accesibilidade do San Xerome Emiliani

visita-san-xerome

Este xoves, 3 de novembro, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, mantiveron un distendido encontro no edificio do Concello da Guarda con parte do equipo de accesibilidade da Asociación San Xerome Emiliani.

Nesta visita este grupo de San Xerome trasladou ó alcalde e á concelleira as súas impresións sobre a sinalización, a accesibilidade e a distribución da información que ten polo momento, e que pode chegar a ter, a Casa dos Alonsos. Así, aproveitaron a reunión para tratar diversos temas de accesibilidade e intercambiar opinións e suxestións con respecto á Casa dos Alonsos, edificio que proximamente se converterá na sede consistorial da Guarda.

O alcalde e a concelleira manifestaron a súa vontade de ter en conta estas suxestións, realizadas pola asociación tras observar o interior do edificio, á hora de completar o acondicionamento da Casa dos Alonsos para a súa apertura como edificio do Concello da Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.