spot_img
InicioGaliciaAfundación presenta 'Historias vividas', un programa para por en valor a traxectoria...

Afundación presenta ‘Historias vividas’, un programa para por en valor a traxectoria de vida dos maiores

Afundación presenta 'Historias vividas', un programa para por en valor a traxectoria de vida dos maiores As persoas participantes revisan as súas traxectorias vitais, co acompañamento dos profesionais de Afundación,  e reúnen os seus relatos e experiencias nunha plataforma on line para compoñer  o seu libro de vida

Afundación, a Obra Social de ABANCA, puxo en marcha hoxe, en colaboración con Envita, o seu novo programa +60 «Historias vividas», un proceso de revisión e reflexión sobre as traxectorias vitais das persoas participantes que utiliza unha plataforma online para reunir os relatos e experiencias de toda unha vida, que posteriormente se recollerán nun libro. A iniciativa enmárcase dentro do programa da entidade «O valor da experiencia», que ten como obxectivo poñer en valor a experiencia vital e profesional das persoas maiores, e do que forman parte tamén os proxectos interxeracionais «Fálame da emigración» e «Falemos da escola». As persoas interesadas no programa, que ten unha duración dun ano, poden inscribirse na web Historias vividas e realizar calquera consulta na rede de Espazos+60, nos que se estableceron  condicións especiais para os seus socios e socias.

O programa «Historias vividas», integrado na oferta de actividades dos Espazos +60 Afundación de toda Galicia, susténtase na revisión das traxectorias de vida das persoas maiores da man dos seus protagonistas como unha ferramenta de desenvolvemento persoal e un punto de partida para pensar no presente e no que verdadeiramente queremos para o noso futuro. Así mesmo serve para compartir recordos, pensamentos, emocións e desexos futuros con aquelas persoas que máis nos importan e ás que queremos deixar un legado. «A nosa misión é acompañar ás persoas maiores buscando oportunidades que melloren a súa calidade de vida, por iso puxemos en marcha este proxecto. Revisar a nosa traxectoria vital permítenos conectar cos momentos importantes desde unha visión renovada, axudándonos a valorar a nosa experiencia vital e profesional, dar un sentido máis positivo á nosa existencia, e seguir desenvolvendo o noso proxecto de vida.», subliña Sabela Couceiro, coordinadora de Envellecemento Activo de Afundación.

Afundación presenta 'Historias vividas', un programa para por en valor a traxectoria de vida dos maiores

«Historias vividas» utiliza como soporte a plataforma web Envita, deseñada especificamente para guiar a recompilación de historias engadindo textos e imaxes de forma guiada e seguindo unha liña temporal. Desta maneira, actívanse os recordos e engádese contido ao libro de vida, capítulo a capítulo, coincidindo coas diferentes etapas: infancia, mocidade, vida adulta e madurez. O equipo de profesionais de Afundación acompañará en todo momento ás persoas participantes a través de sesións grupais presenciais e/ou en liña, en función das circunstancias sanitarias e das preferencias individuais; e doutras canles de comunicación directas con atención personalizada, formando parte dunha comunidade na que compartir experiencias, relacionarse e aprender das persoas participantes.

- Publicidade -spot_img