spot_img
InicioBaixo MiñoAcordo entre o Concello e a UNED para garantir a apertura da...

Acordo entre o Concello e a UNED para garantir a apertura da aula da UNED tudense

acordo-concello-e-uned-garantir-apertura-da-aula-da-uned-tudenseEsta mañá reuníronse na casa do concello de Tui o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e a secretaria do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, María Troncoso, para buscar unha solución á apertura da aula tudense.

Nesta reunión ambas institucións, Concello e UNED, recoñeceron os obstáculos legais cos que se atopan para poder realizar a contratación do persoal preciso para a apertura da aula de luns a venres.  O alcalde, Carlos Vázquez Padín, sinala que estas dificultades veñen dadas pola contratación do persoal e non polo financiamento dese posto de traballo xa que o concello garante e garantiu en todo momento o asumir o custe que conlevaría.

As clases luns e mércores serán no antigo Convento de San Domingos e os martes, xoves e venres na Área Panorámica

De aquí a finais do presente curso académico 2017/18 Concello e UNED chegaron ao acordo de que o Centro Asociado da UNED en Pontevedra enviará os luns e mércores, en comisión de servizos, a persoal deste centro para a apertura da aula no antigo convento de San Domingos.  Mentres o resto da semana, os martes, xoves e venres, as clases trasládanse a aula CEMIT na Área Panorámica.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.