spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAberto o prazo para participar no XXI Certame fotográfico «Viaxando»

Aberto o prazo para participar no XXI Certame fotográfico «Viaxando»

As Oficinas Municipais de Información á Xuventude (OMIX) dos concellos de Tomiño, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona, O Rosal, O Porriño, A Guarda e o Espazo Xove de Tui, convocan o XII Certame fotográfico «Viaxando».

O concurso está aberto á participación de mozas e mozos de entre 12 e 35 anos que presenten imaxes orixinais con temática relacionada co título do certame. Cada participante pode presentar unha única fotografía en cor ou branco e negro. Esta deberá presentarse en papel fotográfico cun tamaño de 20X30 e pegadas sobre unha cartolina negra DIN A3.

A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros e, no caso de retratar a persoas menores de idade, concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.

As fotografías poderán presentarse ata o vindeiro 26 de setembro.

Os traballos deberán entregarse nun sobre pechado coa indicación «VIAXANDO» e o pseudónimo da persoa autora no seu exterior.      Pola súa parte, as fotografías deberán indicar no  dorso o seu título e o pseudónimo da persoa autora.     Dentro deste, deberá incluirse outro sobre pechado de menor tamaño en cuxa parte externa debe figurar o pseudónimo da fotógrafa ou fotografo e, no interior, deben recollerse os seguintes datos: nome completo, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.

As imaxes poderán entregarse en calquera das entidades organizadoras ata o 26 de setembro.  Concederase un único premio consistente nun curso personalizado de fotografía. Coas imaxes presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá o Espazo Xove de Tui e as OMIX que forman parte deste traballo en rede, inaugurándose oficialmente no Concello de Gondomar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.