spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAbertas as inscricións para participar no I Raid Serra da Groba –...

Abertas as inscricións para participar no I Raid Serra da Groba – Bodegas Marqués de Vizhoja

Abertas as inscricións para participar no I Raid Serra da Groba – Bodegas Marqués de VizhojaA proba con 150 km de carreira en 16 horas,  celebrarase do 25 ao 27 de novembro e pasará polos concellos do Rosal, A Guarda, Oia e Baiona

Revista COUSAS DE Nº15

Chega o I Raid Serra da Groba – Bodegas Marqués de Vizhoja, unha carreira que se celebrará a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro e que levará ás e aos deportistas participantes a percorrer en 16 horas 150 quilómetros polo Rosal, A Guarda, Oia e Baiona.

Este lúns na presentación do evento, estiveron presentes a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a rexedora de Oia, Cristina Correa, que estivron acompañados dos concelleiros de deportes de Baiona, O Rosal e Oia, Andrea Pérez, Germán Fernández e Modesto Pereira, do director da carreira, Pedro Álvarez e de Diego Fernández, representante de Bodegas Marqués de Vizhoja.

Esta é unha proba que cada ano reúne a un número importante de participantes de diferentes comunidades autónomas e que este ano estrea escenario, un motivo máis para marcar en vermello nas axendas para non perderse unha carreira durísima que terá unha duración de dous días.

O día 25 será a recepción dos equipos e realizarase un encontro para explicar a todas e todos os deportistas en que consistirá a proba, así como todos os protocolos a seguir para o seu bo desenvolvemento, tanto para corredores e corredoras como para a organización.

Ese mesmo día poderán recollerse os dorsais en Santa María de Oia de 20.30 a 22.30 horas. O sábado 26 entregaranse os dorsais na Guarda de 07.30 a 08.15 horas e o domingo 27 de novo en Oia de 07.30 a 08.00 horas.

Esta carreira está organizada polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios e conta coa colaboración dos concellos do Rosal, A Guarda, Oia e Baiona. Dende a organización agradecen a todas as comunidades de montes polas que se van disputar as probas a súa colaboración e axuda para poder realizar un evento destas características.

As persoas interesadas poden xa inscribirse a través da plataforma Track the Race.

- Publicidade -spot_img