
O proxecto “Innovatur Baiona” vai dirixido a todas as Pemes do sector turístico de Baiona, e ás que non pertencen a este mesmo epígrafe. É froito do convenio entre a EOI e o Concello de Baiona, e está formado por varias actuacións encamiñadas a mellorar a competitividade das pemes e a mellorar Baiona como destino turístico a través do SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos).
Os servizos que se prestarán son os seguintes:
– Consultoría en Innovavión: diagnóstico e identificación de melloras, asesoramento en innovación, posicionamento web, redes sociais,…
– Consultoría SICTED: implantación do sistema de calidade na súa empresa para a obtención do distintivo, que acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na metodoloxía, e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue a empresa fronte á competencia.
– Xornadas abertas: sesións informativas de diferente temática como pode ser comercio electrónico, redes sociales,…
O proxecto é completamente gratuíto e o prazo de inscrición finaliza o próxima 30 de setembro.
Todo aquel que desexe participar pode porse en contacto coa empresa xestora no correo electrónico: innovaturbaiona@eoi.es ou nos seguintes números de teléfono: 986 44 33 97; 91 203 74 92; 647 301 721 (Persoa de contacto: Tania Abalde). Tamén poderán acudir á xornada de información sobre o proxecto que se celebrará o próximo venres, 19 de setembro, ás 11:00 horas na Casa Carbajal (futura Casa da Navegación, na praza Pedro de Castro).
Máis información: Departamento de turismo de Baiona. 986 38 59 24, turismo@baiona.org



