spot_img
InicioVal MiñorNigránO Club Baloncesto Nigrán presenta o seu equipo de babybasket

O Club Baloncesto Nigrán presenta o seu equipo de babybasket

O Club Baloncesto Nigrán presenta o seu equipo de babybasket

O Club Baloncesto Nigrán presentou onte ao seu equipo da categoría babybasket, no contexto do I Torneo de Minibasket celebrado no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, organizado en colaboración co Concello de Nigrán. O equipo está formado por nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos, unha iniciativa que desde a directiva do club informan está enfocada ao primeiro desenvolvemento deportivo dos máis pequenos da casa que queren empezar no mundo do deporte a unha idade temperá, neste caso no baloncesto.

O obxectivo fundamental é introducir aos nenos e nenas no ámbito deportivo, espertando valores tan importantes como a amizade, o esforzo, o respecto e a responsabilidade. No ámbito deportivo, os obxectivos que se perseguen son adquirir capacidade de orientación espazo-temporal, desenvolver a capacidade de diferenciación, lograr capacidade de equilibrio, desenvolver a capacidade de reacción, adquirir capacidade rítmica e capacidade de transformación dos movementos.

No relativo ao torneo de minibasket, disputouse un triangular en distintas categorías entre os clubs Club Baloncesto Tui, Club Baloncesto Marín, o Colexio Mariano, o Club Baloncesto Nigrán, o Club Baloncesto Defensores do Morrazo e o C.E.I.P. Escultor Acuña.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, procedeu a clausúraa do torneo, entregando os trofeos e obsequios a todos os clubs participantes, e saudando aos máis pequenos do club, o equipo de babybasket no día da súa posta de longo.

- Publicidade -spot_img