spot_img
InicioBaixo MiñoA XXXII Feira do Viño do Rosal chega con máis horas de...

A XXXII Feira do Viño do Rosal chega con máis horas de enoloxía e lecer

 

Moita xente este venres no arranque da XXXI Feira do Viño do Rosal
Intervención do presidente da Cofraría Cabaqueiros, Enrique Costas na edición de 2023

A Feira do Viño do Rosal prepárase para celebrar a súa 32 edición cunha morea de actividades para todos os públicos e con máis horas que nunca.

Revista Cousas de nº21

Do 12 ao 14 de xullo a Praza do Calvario aglutinará boa parte da actividade dunha feira que de novo maridará a enoloxía coa música, actividades para desfrutar en familia, exposicións e actividades didácticas, gastronomía e moita diversión co sector vitivinícola como eixo central.

 

Como novidade, a feira abrirá as súas portas o venres 12 de xullo cun acto inaugural que se celebrará ao mediodía na propia Praza do Calvario e que dará o pistoletazo de saída a tres días cunha morea de actividades programadas e dirixidas a todos os públicos. Xunto a concertos, actividades para nenos e nenas e outra relacionadas cos viños, este ano cobrará especial relevancia o escape room que se celebrará no Calvario ao abeiro do proxecto Eureka Reto Rural, unha iniciativa de EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño que busca ofrecer experiencias turísticas diferenciais coas que ir descubrindo os segredos do territorio.

A Feira do Viño volve este verán ao Rosal

 

Ambientado no sector vinícola, esta actividade será o venres 12 ás 19.30 horas e ofrecerá unha inmersión interactiva na riqueza cultural e histórica rosaleira deseñada para todos os públicos e totalmente de balde. Pensada para facer en grupo ou de forma individual, con nenos menores de 12 anos acompañados dunha persoa adulta, as e os participantes percorrerán os arredores da Praza do Calvario móbil en man resolvendo retos, enigmas e probas que irán atopando ao longo de todo o percorrido circular.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O equipo que complete o desafío en menos tempo gañará unha experiencia para seis persoas para desfrutar de produtos e vivencias únicas noutro dos municipios do territorio de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na web.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.