spot_img
InicioCondado ParadantaA XV edición do Ciclo de Música Barcia de Mera programa sete...

A XV edición do Ciclo de Música Barcia de Mera programa sete concertos entre abril e setembro

A XV edición do Ciclo de Música Barcia de Mera programa sete concertos entre abril e setembro O Balneario de Mondariz acolleu un anos máis a presentación da nova edición desta iniciativa que mestura música e patrimonio no rural e que volve contar co apoio do Concello de Covelo e da Xunta de Galicia 

Revista COUSAS DE Nº17

A iniciativa, que volve contar un ano máis co apoio da Xunta, desenvolverase do 29 de abril e o 16 de setembro cun total de sete concertos que se celebrarán na igrexa barroca de San Martín de Barcia de Mera, no municipio de Covelo.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da XV edición do Ciclo de Música Barcia de Mera onde salientou “a consolidación dunha iniciativa que leva xa 15 anos mesturando patrimonio e música de xeito excepcional e achegando, ademais, a cultura aos entornos rurais”.

O primeiro concerto correrá a cargo do Trío Domani. O 13 de maio será a quenda de Guillermo Pastrana, o 3 de xuño de La Música en otros cuerpos e o 15 de xullo de Vicky Peña e Orestes Gás. En agosto, celebraranse dous recitais, o primeiro o día 15 a cargo de Locus Músicos e o 26 de agosto coa Orquestra Sinfónica de Galicia. A clausura do ciclo será o 16 de setembro a cargo de Vox Stellae.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.