spot_img
InicioGaliciaA Xunta realizará unha nova convocatoria neste inverno para participar na ruta...

A Xunta realizará unha nova convocatoria neste inverno para participar na ruta guiada ‘Unha viaxe no tempo’ co fin de divulgar o patrimonio natural do parque das Illas Atlánticas

Xunta-convocatoria-‘Unha viaxe no tempo’-patrimonio-natural-parque-Illas-AtlánticasEsta nova oferta pretende ampliar a posibilidade de participar nesta actividade, xa que a primeira convocatoria esgotou todas as prazas en tan só 48 horas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará unha nova convocatoria neste inverno para participar na ruta guiada ‘Unha viaxe no tempo’, dado o éxito da primeira oferta, que esgotou as prazas en tan só 48 horas. Así o indicou hoxe a conselleira Ethel Vázquez, que saudou esta mañá aos preto de 40 participantes na primeira ruta guiada a Cíes para descubrir o patrimonio natural do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Trátase dunha iniciativa que pon en marcha o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia por segundo ano consecutivo e que ten por obxectivo descubrir o patrimonio natural deste parque natural fóra dos meses estivais, nunha época de menor afluencia, e na que se descobre os seus valores dende outro punto de vista

A conselleira salientou que se trata dunha actividade de carácter divulgativo que ten como obxectivo principal dar o coñecer os trazos máis característicos das illas que forman o Parque natural; ao tempo que se conciencia da importancia do coidado e a conservación dun enclave natural inigualable, como é o caso das Illas Cíes.

Argumentou que se os galegos se animan a coñecer os valores paisaxísticos e a flora e a fauna do Parque nacional marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, tamén se incentivará a súa conciencia sobre a importancia da preservación da riqueza natural de Galicia.

Salientou que en total organízanse cinco rutas e visitas guiadas gratuítas aos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, xa que – xunto coa de hoxe- celebrarase outra este mesmo mes á Illa de Sálvora, mentres que en marzo se prevé unha á Illa de Ons e dúas rutas á de Cortegada. Estas visitas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido. A continuación detállanse as rutas que se ofertan:

 

Xornada
Illa
Ruta
Data limite inscrición
Participantes
22 febreiro
Sálvora
Sálvora, Illa de esculturas e lendas
17  febreiro
22
7 marzo
Ons
Unha illa de nomes
3 marzo
17
5 marzo
Cortegada
O segredo dun bosque no mar
1 marzo
24
15 marzo
Cortegada
O segredo dun bosque no mar
10 marzo
24

Cómpre lembrar que a actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o desprazamento ata o porto de saída e o transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo.

Os interesados nestas actividades poderán acceder a información destas rutas na web do Parque Nacional (www.parquenacionalillasatlanticas.com), no apartado de actividades, onde poderán consultar as datas e realizar as inscricións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.