spot_img
InicioVal MiñorNigránA Xunta incluye tres miradoiros de Nigrán no catálogo das paixaxes de...

A Xunta incluye tres miradoiros de Nigrán no catálogo das paixaxes de Galicia

xunta-incluye-tres-miradoiros-de-nigran-no-catalogo-das-paixaxes-de-galicia

A Consellería de Medio Ambiente responde favorablemente a petición  unánime do Pleno e aclara que Monteferro  e o Camiño Portugués pola costa xa está incluído

O Concello de Nigrán ven de acadar que a Xunta de Galicia inclúa no Catálogo das Paisaxes de Galicia tres miradoiros; Monte dos Outeiros (Priegue), Monte do Castro (Chandebrito), e Mouros (Monte Castelo); tal e como unánimemente se acordara alegar no pleno do 3 de marzo a petición dunha moción de Nigrán Decide. Ademáis, no mesmo escrito enviado o día 26 de maio pola Consellería de Medio Ambiente, responde que Monteferro xa está incluído como Área de  Especial Interese Paisaxístico e o Camiño Portugués pola costa como valor cultural e patrimonial. O Concello logra así que se acepten tódalas súas alegacións ao Catálogo das Paisaxes de Galicia.

xunta-incluye-tres-miradoiros-de-nigran-no-catalogo-das-paixaxes-de-galicia
Panel informativo sobre a paixaxe que se observa dende o Castro

O Catálogo das Paisaxes de Galicia é un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa do proceso de planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, e que servirá de base para a posterior elaboración das Directrices de Paisaxe. O conxunto do Catálogo e as Directrices da Paisaxe dará soporte aos diferentes instrumentos de ordenación territorial e urbanística, así como aos Estudos de Impacto e Integración Paisaxística e aos informes sectoriais en materia de paisaxe. Un obxectivo adicional do Catálogo, contemplado na Estratexia Galega da Paisaxe, é a concienciación e sensibilización da sociedade, así como a posta en valor da paisaxe galega, contribuíndo a unha cultura e coñecemento da poboación sobre a paisaxe. Este catálogo pretende sentar as bases para a planificación, xestión e protección da paisaxe de Galicia, establecendo criterios comúns e metodoloxías de análise para futuros traballos, estudos e plans a maior escala vinculados á paisaxe.

- Publicidade -spot_img