·Publicidade ·spot_img
InicioAlto MinhoA Xunta impulsa a primeira base aérea transfronteiriza con Portugal para a...

A Xunta impulsa a primeira base aérea transfronteiriza con Portugal para a loita contra os incendios no marco do Interreg

A Xunta impulsa a primeira base aérea transfronteiriza con Portugal para a loita contra os incendios no marco do InterregEsta instalación situarase en Verín e permitirá dar unha mellor e máis adecuada resposta ao risco nunha ampla área a ambos lados da fronteira entre España e Portugal, tanto pola súa localización como polas súas posibilidades de acoller diferentes tipos de aeronaves especializadas.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu hoxe a presentación do proxecto Interlumes, que permitirá a posta en funcionamento da primeira base transfronteiriza de medios aéreos para a loita contra os lumes forestais, cun investimento total que superará os nove millóns de euros.

Esta instalación situarase en Verín e permitirá dar unha mellor e máis adecuada resposta ao risco nunha ampla área a ambos lados da fronteira entre España e Portugal, tanto pola súa localización como polas súas posibilidades de acoller diferentes tipos de aeronaves especializadas.

Este proxecto aprobouse o pasado día 25 de marzo tras a reunión do comité de xestión do Poctep (programa Interreg VA España-Portugal), cuxa coordinación en Galicia corresponde á Vicepresidencia primeira da Xunta. A iniciativa ten como beneficiario principal á Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, cuxo titular, Manuel Rodríguez, tamén participou no acto, así como o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo. Deste proxecto tamén forman parte o Goberno portugués e outras institucións galegas e de Castela e León e Estremadura, tales como os respectivos gobernos autonómicos de ambas comunidades e as deputacións de Zamora, Salamanca, Ourense e Pontevedra.

Neste acto, o vicepresidente primeiro recordou que “o lume non entende de fronteiras” e que os incendios que nos últimos anos castigaron os recursos naturais dunha área que conta con espazos protexidos obrigaban a poñer en marcha actuacións “conxuntas e enérxicas” que se materializaron no proxecto Interlumes, froito da colaboración entre distintas Administracións dos dous países.

A Xunta impulsa a primeira base aérea transfronteiriza con Portugal para a loita contra os incendios no marco do Interreg

Alfonso Rueda subliñou que o plan de defensa contra os incendios na fronteira hispano-lusa é unha proba máis do compromiso da Xunta coa Eurorrexión, como quedou demostrado recentemente na presentación dos proxectos cos que o Goberno galego concorre aos fondos Next Generation, que inclúen once iniciativas, por un importe de case 29 millóns de euros, para impulsar e mellorar as comunicacións entre Galicia e o norte de Portugal, tanto no plano das infraestruturas como nas relacións económicas e nas iniciativas turísticas, especialmente as vencelladas ao Camiño de Santiago e ao Xacobeo.

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural salientou a magnitude da iniciativa e a colaboración institucional que a fixo posible. Nesta liña, trasladou que a construción desta base traducirase na axilización da resposta e no aumento da eficacia na loita contra os incendios que se rexistren na fronteira hispano-lusa. Ademais, redundará tamén na mitigación dun problema que “ambos territorios coñecen e combaten”, remarcou.

José González relacionou esta iniciativa directamente coa prevención, na medida en que facilitará unha anticipación aos lumes e “contar cos medios necesarios para cada lugar e cada momento”. Así mesmo, destacou que estas instalacións aumentarán a resiliencia do territorio transfronteirizo, reforzando a capacidade operativa de resposta, avanzando no estudo dun mando operativo único para a xestión conxunta, identificando con tempo dabondo os riscos da zona, sensibilizando á poboación e promovendo a formación especializada. Neste sentido, o conselleiro vinculou esta iniciativa co futuro Centro integral para a loita contra o lume, que se situará tamén na provincia ourensá, concretamente no concello de Toén, e que será terá por obxectivo centralizar nun mesmo punto a formación do persoal dedicado á loita contra os lumes forestais. Así, será un centro permanente para a cooperación, a investigación e a formación continua do que poderán beneficiarse bombeiros forestais procedentes de toda Europa e no que se contará cos maiores especialistas no comportamento e análise dos incendios.

Na mesma liña, o titular de Medio Rural incidiu no feito de que este proxecto se enmarca, en Galicia, coa visión que ten a Xunta respecto da prevención, tanto de carácter estrutural -mediante a planificación e ordenación do territorio e a recuperación da actividade agrícola e gandeira en terras abandonadas- como vencellada á protección das aldeas -co reforzo da limpeza en franxas perimetrais- e coa posta en marcha de actividade agrogandeira nelas. E mencionou, neste sentido, a aprobación -prevista para o vindeiro mes- da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia que, dixo, “dotará á nosa comunidade de ferramentas normativas para este mesmo fin”.

Por último, o conselleiro insistiu en poñer en valor a “actitude, a profesionalidade e a incrible coordinación” dos profesionais que loitan contra o lume e sinalou que este proxecto Interlumes supón unha mellora de recursos para un servizo “público, único e versátil”.

Características do proxecto

Esta base caracterizarase pola súa adecuación a aeronaves especializadas en extinción, tanto avións de carga en terra como helicópteros e, incluso, avións anfibios, polo que estará dotada con distintos tipos de depósitos de carga en terra.

A base, con categoría 2 de aeródromo, contará cunha superficie de 23 hectáreas e estará dotada dunha pista de 1.200 metros de lonxitude e 30 metros de ancho, con 15 metros a cada lado de superficie acondicionada. En cada extremo da plataforma de rodadura instalaranse balizas luminosas e haberá un hangar con capacidade para seis avionetas de carga en terra.

Así mesmo, ademais dunha construción duns 300 m² con estancias individuais para a tripulación, a base estará dotada de tanques de combustible cunha capacidade mínima de 40.000 litros. Tamén contará cunha motobomba para un caudal mínimo superior a 350 lts/min. Ademais, haberá equipos de extinción compostos por tres depósitos de auga e unha rede de hidrantes (bocas de incendio).

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies