spot_img
InicioGaliciaA Gala dos Mestre Mateo pon o peche de ouro á edición...

A Gala dos Mestre Mateo pon o peche de ouro á edición máis seguida da súa historia

A Gala dos Mestre Mateo pon o peche de ouro á edición máis seguida da súa historiaGala dos Mestre Mateo celebrada o sábado puxo o peche de ouro á edición máis vista dos premios, unha aposta pola visibilización e a posta en valor dos e das profesionais que conforman o sector con eventos presenciais e en streaming.

Lucía Veiga presentou un espectáculo que reivindicou a seguridade dos eventos culturais, que foi emitido en directo por TVG e visto por 84.000 espectadores, cun 11,3% de audiencia, converténdoo no segundo programa máis visto na súa franxa horaria en toda Galicia. Unha celebración atípica por mor das restricións da pandemia, en horario diurno, na que non faltou o humor da presentadora Lucía Veiga e contou coa música en directo de De Vacas.

Semanas de actividades presenciais e en streaming

Como novidade este ano, a Academia Galega do Audiovisual organizou un ambicioso programa de actividades en streaming que obtiveron máis de 7.000 visualizacións. Por unha banda, as 15 #ConversasCandelasMestreMateo, que reuniron a representantes de todas as candidaturas finalistas, visibilizando o traballo dos distintos oficios que compoñen o sector. Por outra, #Diarioderodaxe presentado por María Mera, quen conversou cos equipos das 4 longametraxes finalistas nos XIX Mestre Mateo. As conversas foron seguidas en directo polo público asistente ás proxeccións no Teatro Colón da Coruña e están dispoñibles na canle de YouTube da Academia.

A oferta de actividades en streaming completouse coa emisión en YouTube e Facebook Live de O recibidor dos Mestre, un programa especial presentado por Marta Doviro con entrevistas ás persoas asistentes á Gala.

A Gala celebrada no Teatro Colón non foi a única actividade presencial da XIX edición dos premios, que levaron os filmes finalistas na categoría de mellor longametraxe a diversas localidades; foron proxectadas no Teatro Colón da Coruña, no marco da II Semana do Cinema Galego, na Casa da Cultura de Cee, na Casa da Xuventude de Foz e proximamente en Vilalba e Chantada en salas con capacidade limitada.

Vigo acollerá este domingo a preestrea de ‘Ons’, de Alfonso Zarauza

‘Ons’ triunfa nos Mestre Mateo con 9 premios, incluído o de mellor película, e ‘A Illa dás Mentiras’ álzase con 5

A Academia Galega do Audiovisual entregou esta fin de semana os seus premios anuais nunha Gala celebrada no Teatro Colón da Coruña e presentada por Lucía Veiga. A película Ons, de Alfonso Zarauza, resultou gañadora en 9 das categorías polas que optaba a premio, entre eles o de mellor película, mentres que A illa das mentiras, dirixida por Paula Cons, obtivo 5 galardóns.

As académicas e académicos tamén elixiron Nación de Nós Produtora Cinematográfica Galega coa participación de Televisión de Galicia como mellor documental, Néboa, de RTVE e Voz Audiovisual, como mellor serie de televisión e Cinephilia, de Noveolas Producións e Telemiño, como mellor programa.

‘Desde o mar’, de Juan Galiñanes e Kaito Estudos, foi distinguido co premio a mellor anuncio publicitario, Muinheira de Interior, de Xaime Miranda, co de mellor videoclip, e Carne de Abano Producións e Xoves de comadres, de Islandia Producións, gañaron mellor curtametraxe de animación e de imaxe real respectivamente. Xan, de Lucía Estévez e Miguel Canalejo foi distinguida como Mellor serie Web.

Os académicos e académicas tamén recoñeceron a dirección de fotografía de Alberte Branco ( AEC), a dirección de produción de Tamara Soto, o guión de Alfonso Zarauza e Jaione Camborda, a montaxe de Fernando Alfonsín, o son de Sérgio Silva e David Machado e outorgaron case pleno ás categorías de interpretación, con premios para Melania Cruz, Antonio Durán “Morris” e Marta Lado.

A illa das mentiras logrou 5 galardóns dos 12 aos que optaba: mellor dirección para Paula Cons, interpretación masculina de repartición para Milo Taboada, dirección de arte para Antonio Pereira, maquillaxe e salón de peiteado para Raquel Fidalgo e Patricia Vilela e vestiario para Eva Camiño.

O resto de premiados da noite foron Rodrigo Vázquez, mellor comunicador co programa Quen anda aí?; Marcos Estebo, Diego Guerrero e Mónica Ares mellor realización por Cos pés na terra e a Orquestra Fugaz de Improvisación mellor música orixinal pola banda sonora de 9 Fugas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.