spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Xunta habilita unha embarcación para atravesar o Miño entre A Guarda...

A Xunta habilita unha embarcación para atravesar o Miño entre A Guarda e Caminha que dará servizo a veciños, turistas e peregrinos do Camiño da Costa

A Xunta habilita unha embarcación para atravesar o Miño entre A Guarda e Caminha que dará servizo a veciños, turistas e peregrinos do Camiño da CostaTuristas e peregrinos contarán xa nesta Semana Santa cun servizo de transporte de dúas embarcacións, unha delas eléctrica, e a partir de xullo vaise habilitar un barco exclusivo para este servizo de propulsión eléctrica con capacidade para 12 viaxeiros que conectará os dous peiraos

Os peregrinos que queiran cruzar desde Caminha a A Guarda dispoñen de dúas embarcacións, unha delas eléctrica, que une os dous peiraos. O novo servizo facilita e promove o Camiño de Santiago seguindo o itinerario que parte do Porto e pasa por Esposende, Viana do Castelo e Camiña e que entra en Galicia pola Guarda, pasando por Baiona e Vigo ata unirse co Camiño Portugués en Redondela.

O vicepresidente primeiro subliñou que supón tamén un atractivo para o turismo en xeral e un novo servizo para os veciños a un e outro lado do Miño. “O Camiño é un nexo de unión entre Galicia e o norte de Portugal que crea riqueza e emprego”, dixo Rueda en relación aos proxectos conxuntos que Galicia e o norte de Portugal levan artellando dende hai décadas en beneficio da súa veciñanza.

A Xunta habilita unha embarcación para atravesar o Miño entre A Guarda e Caminha que dará servizo a veciños, turistas e peregrinos do Camiño da Costa

 

O novo servizo reforzarase a partir do mes de xullo coa habilitación dun barco propio e exclusivo de propulsión eléctrica con viaxes regulares nos dous sentidos. Esta actividade levarase a cabo a través do convenio asinado entre Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+) que se fará cargo do transporte.

O proxecto de turismo náutico complétase con melloras no peirao da Guarda e coa sinalización da ruta xacobea e dos servizos complementarios habilitados na zona no marco dun plan de potenciación do Baixo Miño que inclúe tamén rutas de sendeirismo e itinerarios pola zona con medios de transporte sustentables.

A Xunta habilita unha embarcación para atravesar o Miño entre A Guarda e Caminha que dará servizo a veciños, turistas e peregrinos do Camiño da Costa

 

 

Alfonso Rueda manifestou a súa satisfacción pola posta en marcha dun proxecto que era prioritario para o Goberno galego que, no marco do Xacobeo, traballa na potenciación do Camiño e que quere poñer en valor a variante do Camiño Portugués pola Costa, unha ruta chea de atractivos que nos últimos tempos non deixa de medrar e que no que vai de ano supera xa os 700 peregrinos que recolleron a súa Compostela.

O vicepresidente primeiro destacou o feito de que este novo servizo bote a andar coincidindo coa entrada nunha Semana Santa cunhas previsións moi favorables para a ocupación turística en Galicia. Estas expectativas vanse ver reforzadas co proxecto de turismo náutico que favorecerá, sobre todo, a promoción do Baixo Miño. “As previsións son moi boas e poderían acadarse cifras semellantes ás da prepandemia ou incluso mellores, case históricas”, asegurou Alfonso Rueda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.