spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Xunta convocará un concurso de ideas para definir o proxecto da...

A Xunta convocará un concurso de ideas para definir o proxecto da nova Cidade da Xustiza no antigo Hospital Xeral de Vigo

a-xunta-convocara-un-concurso-de-ideas-para-definir-o-proxecto-da-nova-cidade-da-xustiza-no-antigo-hospital-xeral-de-vigo

A Xunta avanza para que a Cidade da Xustiza de Vigo sexa unha realidade no menor tempo posible. A semana pasada o vicepresidente Alfonso Rueda puxo encima da mesa a proposta para que o antigo hospital Xeral albergue as dependencias xudiciais e un dos aspectos principais a ter en conta é a definición do proxecto, para que o cal a Xunta vai levar a cabo un concurso de ideas.

Segundo explicou Alfonso Rueda, a Xunta invita ao concello a participar na definición do proxecto e que estea na comisión de valoración que decida finalmente.

O tamén conselleiro de Xustiza entregoulle esta tarde ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, un informe sobre a proposta da Xunta e sobre a situación da torre desde o punto de vista legal, urbanístico ou estrutural, entre outros aspectos. Na xuntanza tamén participou o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, así como a secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Beatriz Cuíña.

Co concello de Vigo, é necesario definir os pasos precisos en cuestións relativas ao urbanismo, un aspecto sobre o que o vicepresidente tamén se mostrou optimista, xa que o representante municipal manifestoulle que a proposta parecíalle unha boa idea. “A día de hoxe, a posibilidade de que o antigo Xeral sexa a nova Cidade da Xustiza de Vigo cada vez está máis preto”, explicou Rueda.

Alfonso Rueda indicou que o Goberno galego seguirá a traballar para que nas vindeiras semanas se poidan pechar os flocos que faltan e lograr avances en toda as frontes co obxectivo de que en 2019 poidan estar executadas as obras.

Durante a reunión ambas administracións coincidiron na necesidade de buscar usos os edificios da rúa Lalín (situación actual dos xulgados) e Rueda mostrouse optimista respecto aos avances realizados, como é o caso da Dirección Xeral da Tesourería da Seguridade Social, onde se acolleu de bo grao a proposta que o propio representante do Goberno autonómico trasladou onte en Madrid. Polo tanto, coa Seguridade Social restaría definir a mellor fórmula para que o edificio pase a depender da Xunta e poida ser destinado a usos xudiciais.

A semana pasada Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza cos principais axentes xurídicos da cidade, que recibiron a proposta con satisfacción. E na mesma liña expresáronse os comerciantes da zona do hospital Xeral, que expresaron unha valoración positiva.

A nova proposta presenta numerosas vantaxes. Daríaselle uso a un edificio emblemático, que contribuiría a dinamizar a cidade e concentraríase nun só edificio e no centro de Vigo toda a actividade xudicial, dotando á administración de xustiza dunhas instalacións de grande nivel. Ademais, permitiría gañar espazo respecto ao proxecto actual e probablemente estaría en funcionamento nun prazo máis breve do tempo.

- Publicidade -spot_img