·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA Xunta certifica a excelencia do Club Náutico de Rodeira en Cangas...

A Xunta certifica a excelencia do Club Náutico de Rodeira en Cangas a través do selo Galicia Calidade

A Xunta certifica a excelencia do Club Náutico de Rodeira en Cangas a través do selo Galicia CalidadeO director xeral de Comercio e Calidade, Manuel Heredia, visitou hoxe as instalacións do Real Club Náutico de Rodeira, en Cangas, para facer o tradicional izado da bandeira de Galicia Calidade co que se dá inicio á tempada de verán. Na actualidade, xa son 14 os clubs náuticos galegos certificados con esta marca de garantía e que, xunto con hoteis, restaurantes e casas rurais, suman un total de 52 establecementos amparados baixo este selo.

Heredia avogou por que este distintivo que hoxe se izou sirva “para que todos os turistas que veñan a Galicia este verán se acheguen a coñecer a oferta que os clubs náuticos poñen a disposición dos usuarios, con actividades deportivas, restauración e outros eventos culturais de interese”.

Así mesmo, o director xeral de Comercio e Consumo destacou a calidade de todos os clubs náuticos de Galicia, facendo referencia a que, recentemente, foron 11 os establecementos deste tipo que acadaron a Bandeira Azul, 10 deles certificados por Galicia Calidade e entre os que se atopa o Real Club Náutico de Rodeira.

Ademais do de Cangas, contan co distintivo de calidade o Nauta Sanxenxo, Club Náutico de Boiro, Club Náutico de Sada, Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Portonovo, Real Club Náutico de Ribadeo, Real Club Náutico de Vigo, Real Club Náutico de Portosín, Real Club Náutico de Sanxenxo, Real Club Náutico de La Coruña, Club Náutico Deportivo de Ribeira, Club Náutico San Vicente do Mar e Monte Real Club de Yates de Baiona.

Galicia Calidade conta actualmente cos produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas. O listado completo de empresas pódese consultar na web galiciacalidade.gal.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies