spot_img
InicioGaliciaA Xunta avanza co sector para reforzar a calidade e harmonizar os...

A Xunta avanza co sector para reforzar a calidade e harmonizar os servizos do turismo de autocaravanas

A Xunta avanza co sector para reforzar a calidade e harmonizar os servizos do turismo de autocaravanasA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse co presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Manuel Fernández Arruty

A Xunta de Galicia continúa a avanzar para reforzar a calidade e harmonizar os servizos dispoñibles en Galicia para os turistas en autocaravana. Así o informou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na nova reunión mantida co presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Manuel Fernández Arruty, onde se avanzou nas propostas do sector para este segmento turístico.

Neste sentido, o Goberno autonómico está a traballar, por unha banda, co novo decreto de cámpings que se atopa no Consello Consultivo e que, entre as súas novidades, incorporará a posibilidade de crear cámpings temáticos exclusivos de autocaravanas, dando resposta ás demandas do sector, que contarán con servizos específicos para este tipo de turismo.

Deste decreto quedan excluídas as zonas especiais de acollida para autocaravanas en tránsito, cuxa regulación seguirá sendo da Administración local. Por iso, o pasado mes de agosto a Xunta e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acordaron a elaboración dunha normativa para ordenar esta modalidade que queda fóra do decreto.

Avánzase para que esta normativa municipal –que sería implantada por aqueles concellos que así o decidan– achegue unhas directrices comúns en cuxa redacción terá en conta ás distintas entidades locais. Malia que xa existen municipios con ordenanzas propias, a intención é contar cunha normativa harmonizada que favoreza unha regulación efectiva.

Esta regulación municipal terá como principal obxectivo facilitar a convivencia desta modalidade turística co resto de tipoloxías, así como harmonizar os criterios que empregan as entidades locais. Ambas medidas son froito do traballo que se vén mantendo nos últimos anos entre a Xunta, as administración locais e o sector privado.

- Publicidade -spot_img