Inicio Pontevedra Baixo Miño A Xunta acepta bautizar ao instituto tomiñés “IES Antón Alonso Ríos”

A Xunta acepta bautizar ao instituto tomiñés “IES Antón Alonso Ríos”

IES TomiñoA publicación no DOG de hoxe, era o último paso necesario para facer oficial o nomeamento, resultado dunha votación popular

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de autorizar o cambio de nome do Instituto de Ensino Secundario de Tomiño, que a partir de hoxe, pasará a chamarse “IES Antón Alonso Ríos”.

A Orde do DOG, de 16 de xaneiro de 2017, é a culminación do proceso participativo para o bautizo do instituto, posto en marcha polo Concello de Tomiño e o propio centro educativo.

Antón Alonso Ríos foi o nome máis votado pola comunicación educativa e veciñanza en xeral

A súa candidatura foi apoiada por un total de 1026 votos, o 36% do total de votos emitidos.

O proceso comezou en outubro coa recepción de propostas de tódolos cidadáns, que foron seleccionadas por un comité de expertos. En total recibíronse 51 propostas de nomes diferentes, das que o comité seleccionou 5 e o consello escolar do instituto, decidiu os tres nomes finalistas que se someteron a votación: Isaura Gómez, IES Tomiño e  Antón Alonso Ríos.

A votación celebrouse durante 12 días (2-13 de novembro), en urnas situadas no instituto e na casa consistorial de Tomiño e tamén a través dun procedemento de votación on line.

Os resultados foron notificados ao consello escolar do IES de Tomiño que, unha vez aprobado, presentou  unha solicitude formal de cambio de nome á Consellería de Educación.

Antón Alonso Ríos (Silleda 1887 – Bos Aires 1980) foi un mestre e pedagogo intimamente ligado a Tomiño, especialmente na etapa da II República. En Tomiño dirixiu a escola Aurora del Porvenir, onde desenvolveu un modelo educativo innovador. O franquismo obrigouno a emigrar a América. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo, que presidiu logo da morte de Castelao, ata 1950.

O instituto de Tomiño conta con 600 alumnos. O proceso participativo para escoller o novo nome do instituto de Tomiño foi unha das accións do programa Educación da Boa, impulsado dende o Concello, coa finalidade de promocionar tanto o instituto, coma un ensino público de calidade.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tamén responsable de Educación no Concello, explicou que a intención do goberno foi lograr un maior vencellamento entre o instituto e os veciños e veciñas. “Por esta razón comezamos pola escolla do nome; queremos que os cidadáns participen máis na actividade e na mellora do IES, e que o IES se abra cada vez máis á sociedade”, salientou Sandra González.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies