spot_img
InicioCondado ParadantaA ParadantaA XIII edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia...

A XIII edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera programa sete concertos

XIII edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de MeraO próximo 24 de abril dará comezo o XIII Ciclo de Música de San Martíño de Barcia de Mera, que acolle cada verán esta parroquia situada no oeste do municipio pontevedrés de Covelo. Este ano iníciase coa estrea absoluta da obra encargada polo ciclo de música “ Vesperas na honra de San Martiño” a cargo da agrupación Voz Stellae Ensemble.

O ciclo que foi presentado onte no Hotel Balneario de Mondariz por Rafael Antela, párroco de Barcia de Mera, o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo e a directora artística do ciclo, Nieves García Soto, tamén contou coa presenza, entre outras persoas, dos alcaldes de Mondariz Balneario, Mondariz e Covelo

Este ano o número de concertos é de sete, que se repartirán entre abril e setembro, comezando  o 24 de abril

O mes de maio será a quenda de Ensemble Musicantes (día 29). En xuño Galicia en Oito Cordas (día 26). En xullo (día 10) escoitaremos ‘María Estuarda’ de Schiller e Donizetti. En agosto a quenda será para Duo Tau (día 15). Vox Organalis interpretará en agostoobras de Juan Ponce, Pedro Escobar… (día 28). A programación pecharase o 25 de setembro co Sexteto Concert Art.

Todos os concertos realizaranse no marco incomparable que forman o conxunto eclesiástico de San Martín de Barcia de Mena, que conta cunha estupenda acústica, ademais de estar situada nun espazo idílico, que lle confire un ambiente máxico aos concertos.

O aforo está limitado e con todos os protocolos de seguridade esixibles, polo que é imprescindible facer unha reserva previa. Todos os concertos serán na igrexa de Barcia de Mera, ás 20.00 horas.

XIII edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de MeraXIII edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de MeraXIII edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de MeraXIII edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera

- Publicidade -spot_img