spot_img
InicioVigo e áreaMosA violencia de xénero no ámbito da educación e no colectivo de...

A violencia de xénero no ámbito da educación e no colectivo de persoas con discapacidade centrou a mesa celebrada en Mos

A violencia de xénero no ámbito da educación e no colectivo de persoas con discapacidade centrou a mesa celebrada en MosA necesidade dun protocolo de actuación para casos concretos e da formación constante do persoal especializado neste tema foron outros dos puntos clave abordados esta mañá

Esta mañá celebrouse no Pazo de Mos a Mesa local contra a violencia de xénero na que participaron o Secretario territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Ramón Pereiro Santín, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara
Cebreiro, a Xefa do departamento de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Vilaboy Romero, representantes da Garda Civil entre os que se atopaba o sarxento Juan Antonio López, representantes da Policía Local de Mos entre os que se atopaba o xefe da Policía, Gerardo Álvarez, a directora da Casa de Acollida de Vigo, Elena Molanés, representación do IES de Mos e do CEIP de Petelos, representantes do Centro de Saúde de Mos, representantes de EVD Galicia, representantes de AEMOS, o equipo de traballadoras do departamento municipal de Política Social e o equipo de traballadoras do CIM de Mos.

Desta mesa de traballo, a primeira na que participa representación da comunidade educativa mosense a través do IES e do Colexio de Petelos –algo que se considera importantísimo dende o Centro de Información á Muller de Mos- surxiu a decisión de crear outras dúas sub-mesas de traballo moi especializadas á vez que necesarias. Unha é unha mesa centrada no traballo cos centros educativos de Mos na que se integren tanto o Instituto como os demais centros e na que participen tanto dirección como profesorado, orientadores e ANPAs. E a outra é unha mesa centrada na creación dun protocolo específico a seguir nun caso de violencia de xénero que estableza os pasos e pautas a seguir en todo momento.

Ademais hoxe abordouse tamén a necesidade da constante formación do persoal profesional que traballa habitualmente con casos de violencia de xénero. Deste xeito acordouse a solicitude, a través de diferentes administracións, do acceso a diversas accións formativas en materias xurídica e psicolóxica para as traballadoras do CIM de Mos.

Tamén en materia de formación decidiuse, por último, emprender iniciativas educacionais sobre violencia de xénero e discapacidade para tratar de previr, paliar e erradicar as situacións de violencia sobre o colectivo das persoas con discapacidade.

- Publicidade -spot_img