spot_img
InicioVal MiñorNigránA VII edición da Travesía a nado Costa Serena espera reunir a...

A VII edición da Travesía a nado Costa Serena espera reunir a máis de 500 nadadores

a-vii-edicion-da-travesia-a-nado-costa-serena-espera-reunir-a-mais-de-500-nadadore

A competición, que se celebrará en Praia América (Nigrán), constará de dous percorridos de 4.000 e 800 metros, e dúas probas de curta distancia para nenos de 50 e 150 metros

Nigrán acollerá o próximo 9 de xullo a VII edición da Travesía a nado Costa Serena, en Praia América. Esta proba é a travesía de maior participación de toda Galicia e espera reunir a máis de 500 nadadores procedentes de toda Galicia, Asturias, Castela-León, Madrid e Portugal, superando a cifra alcanzada o pasado ano (475 persoas).

A travesía, organizada polo club Tumetapersonal, Atlantic Extrem Sports e o Concello de Nigrán, conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte, Powerade, Renault Rodosa Nigrán, Zoggs, Centro Comercial da Ramallosa, Area, Decathlon Vigo, Froitas Sol, Froiz, Mariña Ronseis Panxón, Wetsports Ladeira, Prado Surf, Waira, Kailúa, Beach Escolas, Anxo Leirós Motos, Clubnatacion.com, Ciclos Boyer Vigo, Nutriexper, Restaurante Los Abetos, Footplus e Rosquillas Cristaleiro, entre outros.

As inscricións poderán realizarse entre o 8 de maio e o 3 de xullo (incluído) a través de Champion Chip Norte (www.championchipnorte.com). O regulamento e a información da travesía están dispoñibles na páxina web www.travesiaanadocostaerena.es.

A proba constará de dous percorridos, que serán cronometrados por chip. O percorrido longo, no que se prevé unha participación de preto de 400 persoas, consistirá nun triángulo de 4 quilómetros con saída desde a canle principal de saída das embarcacións e a chegada á beira do posto de Protección Civil de Panxón. Os nadadores deberán bordear a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.

O percorrido curto, cunha distancia de 800 metros, disputarase en paralelo á costa, o que abrirá a participación a numerosos bañistas, curiosos e afeccionados á práctica deste deporte. A saída estará situada tamén na canle principal e a chegada será no mesmo punto que a proba longa. A competición de 4.000 metros comezará ás 11:30 horas, mentres que a de 800 metros arrincará ás 11:45 horas. No mar, colocaranse aboias de sinalización do percorrido para facilitar a orientación dos nadadores, así como embarcacións de Protección Civil e kaiaks seguindo a proba. Ademais, celebraranse dúas probas de curta distancia para nenos entre 5 e 13 anos. Haberá un percorrido de 50 metros (5 e 8 anos) e de 150 (9 a 13 anos). Estas probas comezarán ás 13:00 horas (50 metros) e 13:30 horas (150 metros).

Premios
Na proba de 800 metros, entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina. Na de 4.000 metros, daranse premios aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina. Ademais repartiranse medallas aos tres primeiros clasificados das 12 categorías na proba de 4.000 metros. Os nenos que participarán nos percorridos de 50 e 150 metros recibirán unha medalla. Tamén se entregarán trofeos especiais ao nadador máis novo e de máis idade.

Inscricións
A zona de concentración dos nadadores será nos Mariña Ronseis, á beira das instalacións deportivas Dunas Gaifar, a partir das 09:00 horas.

Aqueles interesados en participar na travesía poderán realizar as inscricións na páxina web de Champion Chip Norte (https: www.championchipnorte.com) do 8 de maio ao 3 de xullo.

O prezo da inscrición da proba de 4.000 metros é de 19 euros e de 17 euros para a de 800 metros e inclúe: participación na travesía, camiseta conmemorativa, gorro, cronometraxe electrónica, avituallamiento, seguro de responsabilidade civil, asistencia médica, trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría das dúas probas e medallas aos tres primeiros clasificados na proba de 4.000 metros, un aperitivo nos Mariña Ronseis, un xeado e participación no sorteo de material deportivo.
As probas dos nenos teñen un custo de 10 euros e inclúe: camiseta, gorro, avituallamiento, asistencia médica, seguro de responsabilidade civil, medallas para todos os participantes e un xeado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.