spot_img
InicioVal MiñorNigránA vida e o deporte triunfan nun novo éxito do Basket Sen...

A vida e o deporte triunfan nun novo éxito do Basket Sen Barreiras do CB Nigrán

a-vida-e-o-deporte-triunfan-nun-novo-exito-do-basket-sen-barreiras-do-cb-nigranO Club Baloncesto Nigrán organizou a VIII edición do torneo basket Sen Barreiras no pavillón de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para A ASOCIACIÓN FRANGIL contra a leucemia

Revista Cousas De Nº20

Preto de 30 equipos de baloncesto e máis de 300 xogadores e xogadoras déronse cita durante dous días no Pavillón de Panxón en horario de mañá e tarde. As xornadas de mañá serviron especialmente para visualizar e promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade. Para iso contaron co centro Juan María que gozaron de diferentes actividades e unha marabillosa convivencia cos xogadores e xogadoras do CB Nigrán.

a-vida-e-o-deporte-triunfan-nun-novo-exito-do-basket-sen-barreiras-do-cb-nigran

Para as xornadas de tarde habilitáronse 3 pistas onde xogaron os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías alevín, benjamín e babi. Estas dúas últimas o luns de tarde e a categoría alevín pechando o torneo o martes de tarde.

Á entrega de medallas asistiron o alcalde de Nigrán Juan González, a concelleira de igualdade Patricia Diego e Roberto Garrido, concelleiro de Cultura.

Cada xogador/a participante realizou un donativo para a Asociación FRANGIL que foi depositado na urna que se atopou no pavillón durante os dous días de torneo. Todas as familias de xogadores así como o resto de persoas asistentes ao torneo tamén colaboraron con este fin solidario achegando o seu donativo na devandita urna.

Todo o recadado durante os dous días de torneo así como durante a semana na que a urna visitou os diferentes colexios de Nigrán, será entregado á asociación FRANGIL contra a leucemia.

Desde a directiva do Club queren agradecer a axuda e colaboración da Fundación a Caixa, do Concello de Nigrán, da Federación Galega de Baloncesto, das direccións e claustros dos centros educativos de Nigrán, do resto de entidades colaboradoras así como de todos os clubs participantes, adestradores e familias, que fixeron posible o éxito deste BASKET SEN BARREIRAS.

- Publicidade -spot_img