spot_img
InicioBaixo MiñoA V Mostra da Camelia Cidade de Tui reúne a máis de...

A V Mostra da Camelia Cidade de Tui reúne a máis de 80 expositores de Galicia, Asturias e Portugal

80 expositores de Galicia, Asturias e PortugalEsta fin de semana celébrase en Tui a V Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada por ATUCA

Mañá sábado, 18 de xaneiro, ás 12.30 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o acto inaugural da V Mostra da Camelia Cidade de Tui. Este evento está organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, co patrocinio do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, o Xacobeo 2021 e a Xunta de Galicia, e a colaboración da Sociedade Española da Camelia.

A mostra reunirá a máis de 80 expositores de Galicia, Asturias e Portugal que achegarán distintas variedades de camelia en máis de 180 metros de exposición. Poderá visitarse na Sala Municipal de Exposicións mañá sábado de 16.30 h a 21 h e o domingo de 10 a 14 h e de 16 a 20 h.

O acto inaugural contará coa actuación do grupo Saragana da Asociación do Traxe Tradicional de Tui e no transcurso do mesmo farase entrega dos premios dos concursos escolares de debuxo e poesía. O domingo ás 16.30 h fará un pasarrúas dende o Paseo da Corredoira até a mostra a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.

Entre as novidades destacadas deste 2020 está a edición dun selo de Correos dedicado a exposición tudense.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.