spot_img
InicioAlto MinhoA terceira edición do encontro MUMI reúne 200 profesionais da industria musical...

A terceira edición do encontro MUMI reúne 200 profesionais da industria musical en Tui e Valença

A terceira edición do encontro MUMI reúne 200 profesionais da industria musical en Tui e ValençaO evento ábrese tamén ao público xeral cun concerto de benvida a cargo de Xosé Lois Romero & Aliboria e Omiri, así como con ‘showcases’ de bandas galegas e portuguesas, espectáculos de animación de rúa e o novo Festival Río Miño Tranfronteirizo

Revista COUSAS DE nº14

Arredor de 200 profesionais da industria musical de Galicia e Portugal danse cita na eurocidade Tui-Valença con motivo da terceira edición do encontro MUMI Músicas do Miño, que se abre tamén a público xeral con concertos e animación de rúa.

Zona PRO

No programa cabe destacar catro mesas de debate que se desenvolven ata o sábado baixo os títulos Financiamento público para proxectos culturaisAs relacións entre axentes culturais e representantes políticosO papel dos medios de comunicación nas promocións artísticas e Proxectos transfronterizos Galicia-Portugal. Exemplos inspiradores. Estes faladoiros compleméntanse con outras dúas citas nas que se abordarán a situación actual en canto ao estatuto dos artistas e a prevención de riscos laborais en ambos países.

Así mesmo, os profesionais acreditados terán a oportunidade de participar en reunións profesionais de moi curta duración ou speedmeetings e de asistir a unha vintena de showcases de artistas e bandas galegas e portuguesas, así como á primeira edición do Festival Rio Miño Tranfronteirizo con catro grupos locais en cartel. O prazo de inscrición para asistir ao encontro continuará aberto ata o último día de actividade.

Concertos públicos

Pola súa banda, o público poderá gozar tanto do concerto inaugural que terá lugar esta noite en Valença a cargo dos galegos Xosé Lois Romero & Aliboria e o portugués Omiri,  como do Festival Río Miño Transfronteirizo, que se celebrará o sábado pola tarde no Paseo da Corredoira de Tui coas actuacións de Helen & Shanna e Rockin´Gina and The Sentinels en representación de Galicia e Jasper e Rackham desde Portugal.

O cartel de showcases conta igualmente con citas de entrada libre, como as que ofrecerán as bandas galegas Brais Morán & Nasaufunk, Brassica Rapa, Caldo, Golfiños e Néboa e as portuguesas 47 de Fevereiro, Birds Are Indie, Crua, Dapunksportif, Kumpania Algazarra, Raia e Space Ensemble. Dentro do programa exclusivo para profesionais actuarán Caamaño&Ameixeiras, Momboi, Mounqup e Xan Campos Trío pola banda galega e Manuel Maio e Meta pola lusa.

- Publicidade -spot_img