spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA terceira edición das Xornadas sobre Museos e educación Patrimonial pora o...

A terceira edición das Xornadas sobre Museos e educación Patrimonial pora o foco nos coñecementos compartidos

a-terceira-edicion-das-xornadas-sobre-museos-e-educacion-patrimonial-pora-o-foco-nos-conecementos-compartidosO Museo de Pontevedra acollerá o 14 e 15 de decembro as III Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial, este ano baixo o lema ‘Coñecementos compartidos’. O evento quere consolidarse como espazo de referencia para o diálogo e a reflexión sobre o papel dos museos e dos espazos educativos na formación de conciencias activas, solidarias e socioafectivas coa comunidade. Nas xornadas poranse en común experiencias relevantes no eido da educación patrimonial por parte de profesionais e persoal investigador de museos, universidades e outras entidades de Galicia, España, Portugal e Suíza.

Revista Cousas De Nº19

As xornadas están organizadas polo Museo de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela. O programa inclúe conferencias, mesas de debate, obradoiros, espazos de diálogo e unha sesión de presentación de investigacións e experiencias prácticas. Participarán representantes do Zentrum Paul Klee de Berna e o Institute Art Gender Nature FHNW Academy of Arts and Design de Basilea, ambos en Suíza, das universidades de Santiago de Compostela, Lleida, Barcelona e Zaragoza, da Bienal de Cerveira (Portugal) e de museos e centros educativos de Galicia.

As xornadas pretenden ser un foro para compartir experiencias e inquedanzas, estender voces e miradas, revisar rutinas e impulsar cambios entre profesionais da educación e dos museos, así como o público en xeral. Están dirixidas a profesionais e persoas investigadoras relacionadas coa acción cultural e educativa nos museos, pero tamén ás que traballen a educación patrimonial desde outros ámbitos e a estudantes de disciplinas relacionadas coas Humanidades, entre outro público.

A inscrición é gratuíta grazas ao patrocinio da Deputación, e pódese facer ata o 4 de decembro a través da web https://epatrimonial-museopontevedra.depo.gal.

Tamén está aberta a participación a través do envío de pósters vinculados coas liñas temáticas das xornadas. Ata o 10 de novembro poderase presentar a solicitude previa indicando a temática, autoría e resumo. Os pósters aceptados deberán enviarse antes do 24 de novembro e serán presentados nunha sesión específica dentro das xornadas, ademais de incorporárense ás actas, que se publicarán dixitalmente.

As xornadas están dirixidas por Belén Castro Fernández, coordinadora da Área de Didáctica das Ciencias Sociais da USC, coa coordinación xeral de Agar Ledo Arias, do Museo de Pontevedra, e coordinación científica de Ana Portela Fontán, da Universitat de Barcelona.

As conferencias correrán a cargo de Martin Waldmeier, conservador de arte moderna e contemporánea do Zentrum Paul Klee (Berna, Suíza); Javier Bará Temes, catedrático xubilado da Universitat Politècnica de Catalunya; e Chus Martínez, directora do Institute Art Gender Nature FHNW Academy of Arts and Design (Basilea, Suíza). O programa completo pódese consultar en https://epatrimonial-museopontevedra.depo.gal/.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.