spot_img
InicioGaliciaA serie Hierro fai historia ao ser 16 veces finalista nos Premios...

A serie Hierro fai historia ao ser 16 veces finalista nos Premios Mestre Mateo

A serie Hierro fai historia ao ser 16 veces finalista nos Premios Mestre MateoA ficción, coproducida con Movistar +, ARTE France e Atlantique Productions, convértese deste xeito na serie con máis candidaturas finalistas nos dezaoito anos de historia dos premios do audiovisual galego

A AGA anunciou a pasada semana os nomes dos proxectos e profesionais finalistas en cada unha das categorías da XVIII edición dos Premios Mestre Mateo. Despois de facerse con dous Premios Ondas (Mellor serie e Mellor intérprete feminina para Candela Peña), dous Premios Feroz (Mellor serie dramática e Mellor actriz protagonista para Candela Peña) e un galardón nos Premios Iris (Mellor guión, para Pepe Coira, Fran Araújo, Coral Cruz, Araceli Gonda e Carlos Portela), Hierro afronta a próxima edición dos premios do audiovisual galego sendo finalista 16 veces en 15 categorías, todas ás que pode optar unha serie nos premios da Academia Galega do Audiovisual.

Este thriller coproducido entre España (Portocabo) e Francia (Atlantique Productions) para Movistar + e ARTE France é finalista como mellor serie de televisión, mellor dirección (Jorge Coira), mellor dirección de arte (Marc Pou) mellor dirección de fotografía (José Luis Bernal), mellor dirección de produción (Ana Míguez), mellor guión (Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Coral Cruz e Carlos Portela), mellor maquillaxe e perruquería (Raquel Fidalgo e Noé Montes), mellor montaxe (Jorge Coira, Diana Toucedo e Gaspar Broullón), mellor música orixinal (Elba Fernández e Xavi Font), mellor son (Juan Gay e Diego Staub), mellor vestiario (Alicia Dapena e Lola Dapena). Nas categorías interpretativas, as candidaturas recaen en Kimberky Tell e Mónica López como mellor interpretación feminina de reparto, Candela Peña como mellor interpretación feminina protagonista, Juan Carlos Vellido como mellor interpretación masculina de reparto e Darío Grandinetti como mellor interpretación masculina protagonista.

O resultado da votación dos académicos e académicas coñecerase o próximo 7 de marzo nunha gala que se desenvolverá no Palacio da Ópera da Coruña.

A piques de iniciar a rodaxe da segunda tempada

Hierro narra a historia de Candela (Candela Peña), xuíza experta e de forte carácter. Xusto cando está recén chegada ao seu novo e estraño destino, El Hierro, tócalle enfrontarse a un caso de asasinato. Todos alí pensan que o culpable é Díaz (Dario Grandinetti), un turbio empresario, tan empeñado como a xuíza en atopar ao asasino. Ela, por facer o seu traballo. El, por demostrar a súa inocencia. Ambos se adentrarán nun camiño físico e emocional… un camiño ao inferno que comeza no paraiso.

ΔΔ   Trailer da serie

A serie, que dende a súa estrea o pasado mes de xuño, se converteu na segunda mellor estrea de todas as series emitidas por Movistar + e xa se atopa entre as series máis vistas ata hoxe nas canles de pago da plataforma, iniciará nos próximos días a rodaxe da súa segunda tempada, que continuará a estar protagonizada por Candela Peña. Xunto a ela, o actor arxentino Darío Grandinetti repite como Díaz, un empresario de escuro pasado.

Portocabo prosigue con esta serie traballando na súa liña de ficción internacional xa iniciada anteriormente con producións como Miracle Tunes -coprodución entre Italia e España- ou Auga Seca -estreada recentemente- e Vidago Palace (2017), ambas producidas con Portugal para a súa emisión na Televisión de Galicia e RTP.

 

- Publicidade -spot_img