spot_img
InicioBaixo MiñoA Senda Litoral da Guarda tamén sufriu os efectos do temporal

A Senda Litoral da Guarda tamén sufriu os efectos do temporal

a-senda-litoral-da-guarda-tamen-sufriu-os-efectos-do-temporal

A Senda Litoral da Guarda tamén sufriu os efectos do temporal.

Despois de feitas as valoracións dos desperfectos provocados polo temporal do pasado xoves día 2 de febreiro, o concello da Guarda considera como desperfectos importantes, ademais do xa coñecido a través dos medios de comunicación do espigón do porto, os efectos producidos polo temporal na Senda Litoral.

O mar afectou aproximadamente uns 200 metros de senda, nalgúns casos movéndoa do seu lugar e, nunha lonxitude aproximada de 50 metros, facéndoa desaparecer. Os restos da senda acabaron esparcidos polas fincas ata onde chegou a auga do mar. Ademais disto, na propia senda o temporal provocou unha avaría no colector que vai á depuradora no que están traballando os servizos municipais para darlle unha solución de urxencia.

O alcalde da Guarda, este mesmo luns, púxose en contacto con Costas do Estado para solicitar axuda para reparala o antes posible, dado a gran cantidade de usuarios que ten esta infraestrutura

Ademais destes dous grandes desperfectos, nunha valoración pormenorizada, obsérvase un gran número de pequenos incidentes como baldosas levantadas, bancos rotos, desaparición de papeleras, etc., que haberá que ir repoñendo nas próximas semanas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.