spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Sede Afundación Vigo acolle a mostra retrospectiva dos corenta anos do...

A Sede Afundación Vigo acolle a mostra retrospectiva dos corenta anos do Parlamento de Galicia

A Sede Afundación Vigo acolle a mostra retrospectiva dos corenta anos do Parlamento de Galicia
Foto: Parlamento de Galicia

A exposición «O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia / 1981-2021» chega a Vigo, onde poderá visitarse na sala de exposicións de Afundación ata 27 de xullo

Revista COUSAS DE Nº13

A Sede Afundación Vigo acolleu onte a tarde a inauguración da mostra «O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia / 1981-2021», aberta ao público ata o vindeiro 27 de xullo, de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h.

A exposición traza un percorrido polas catro décadas de vida do Lexislativo galego, ao tempo que inclúe materiais relacionados coa configuración da autonomía galega. A esta apertura asistiron o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices; a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores; e o comisario da mostra, Ramón Villares.

Desde as dúas entidades involucradas no proxecto, saliéntanse os corenta anos de autonomía como unha historia de éxito colectivo, que, mediante esta exposición busca difundir o papel que o Parlamento desenvolve como institución na que reside o mandato democrático. Deste xeito, as imaxes que compoñen esa mostra destacan a vocación de acordos e a necesidade de entendemento entre posturas abertamente discordantes para acadar fins necesarios que permitisen unha cohesión social encamiñada a consolidar a convivencia en democracia. Desde as imaxes dos primeiros e convulsos anos, ata as épocas máis recentes, o público poderá contemplar, e lembrar, como a palabra, o instrumento comunicativo por antonomasia, é o piar da democracia.

A exposición «O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia-2
Foto: Parlamento de Galicia

 

A mostra inaugurada esta tarde en Vigo, concibida para rememorar as catro décadas de vida da primeira entidade de Galicia, foi comisariada por Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, exreitor desta mesma universidade e expresidente do Consello da Cultura Galega. Contou coa asesoría de Miguel Anxo Seixas Seoane e Gustavo Hervella García, integrantes do Grupo HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural, séculos XIX e XX).

- Publicidade -spot_img