spot_img
InicioGaliciaCompostelaA Secretaría Xeral de Cultura colabora coas asociacións de amigos da ópera...

A Secretaría Xeral de Cultura colabora coas asociacións de amigos da ópera de Vigo e de Santiago para difundir o xénero lírico

Secretaría-Xeral-Cultura-colabora-asociacións-amigos-ópera-Vigo-Santiago-difundir-xénero-lírico

Membros da directiva da Asociación de Amigos da Ópera de Vigo informaron esta semana ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo –no marco dun encontro que tivo lugar na cidade da oliveira–, da programación da nova edición do Outono Lírico, que volverá contar este ano, como en tempadas anteriores, coa Orquestra Sinfónica 430 de Vigo, así como tamén co Coro Universitario de Vigo. O festival ofrecerá de novo unha oferta variada e de calidade consistente na representación de tres óperas e mais un ciclo de conferencias.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a difusión do xénero lírico na programación cultural de Galicia a través da colaboración coas asociacións de Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago, que veñen realizando os festivais Outono Lírico e Maio Lírico, respectivamente

Mediante a sinatura de senllos convenios con ambas as entidades, a Secretaría Xeral de Cultura mantén o seu apoio a estas dúas iniciativas co obxectivo de contribuír coa presenza da ópera na cidade de Vigo e na capital de Galicia a través dunha oferta cultural de calidade, que inclúe citas musicais e mais conferencias arredor deste xénero.

Co seu apoio a esta iniciativa, os obxectivos do Goberno galego son impulsar a presenza da ópera na programación cultural de Galicia e divulgar o traballo dos compositores e intérpretes deste xénero.

- Publicidade -spot_img