Nestes momentos en que pola situación actual temos totalmente restrinxida a movilidade, chega a Vigo “De Polo a Polo, unha exposición de carácter itinerante pero que nos dá a posibilidade de “viaxar aos grandes paraísos naturais do planeta”
Esta mostra, realizada en colaboración con National Geographic, expón a diversidade da terra e dalgunhas das especies que nela habitan. Son 52 imaxes de gran formato e a todo cor, que percorren o planeta desde o Ártico á Antártida.
O obxectivo principal da exposición na que participan Frans Lanting, Paul Nicklen, Michael Nichons ou Tim Laman, todos fotógrafos da revista “ National Geographic”, é concienciar e crear un espazo de reflexión ao redor das catastróficas consecuencias da actividade humana nos ecosistemas.
A exposición esta organizada por La Caixa e permanecerá fronte ao Marco ata o 18 de febreiro. Haberá visitas guiadas os sábados, ás 18 horas e os domingos ás 12 horas, previa reserva no 900 80 11 37
Nun agradable paseo pola rúa de Príncipe, un pode percorrer o planeta por algúns dos lugares con máis biodiversidade, pero que se atopan terriblemente ameazados pola actividade do home. Desde a sabana africana ata a banquisa ártica grazas ás incribles instantáneas dalgúns dos fotógrafos máis prestixiosos de natureza.



