spot_img
InicioVal MiñorBaionaA recollida de embases para reciclaxe aumentou nun 12% en Baiona durante...

A recollida de embases para reciclaxe aumentou nun 12% en Baiona durante 2016

Charlas nos centros escolares de Baiona

As charlas nos centros escolares favorecen a concienciación medioambiental dos alumnos e das familias 

Os alumnos dos centros escolares de Baiona recibirán durante os primeiros meses de 2017 charlas dirixidas a promover a concienciación medioambiental e a coñecer o funcionamento do punto limpo municipal. Esta iniciativa iniciada en 2016 xa tivo efectos directos sobre o incremento da reciclaxe de residuos.

Durante o mes de febreiro, marzo e abril están a levarse a cabo unha serie de charlas de formación e concienciación ambiental en todos os colexios do Concello de Baiona. A actividade comezou en Sabarís o pasado 9 de febreiro e continuou este luns, 13 de marzo, en Fontes.

“O que se busca é concienciar aos nenos do municipio, e grazas a eles ás familias, da importancia de separar os residuos correctamente e de como se debe usar o punto limpo municipal”, apunta a concelleira María Iglesias.

Durante as charlas incídese tamén na problemática concreta das podas para explicar como debemos facer a súa xestión adecuada, xa que os particulares (non empresas) deben levar a poda ao punto limpo, facer compost e non depositar os residuos á beira dos colectores.

Este é o segundo ano consecutivo que a empresa Grupo Soil, concesionaria para a xestión de residuos e o punto limpo, leva a cabo esta campaña. Grazas á iniciativa logrouse incrementar máis dun 12% os envases recollidos entre xuño e decembro de 2015 e xuño e decembro 2016. Outras iniciativas levadas a cabo foron o incremento de colectores, en concreto máis de 11 % nos colectores amarelos dende maio de 2015 ata a actualidade, segundo os datos da empresa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.