spot_img
InicioBaixo MiñoA Radio Municipal de Tui amosa o seu recoñecemento a Jose Font...

A Radio Municipal de Tui amosa o seu recoñecemento a Jose Font por 32 anos ao fronte da emisora local

a-radio-municipal-de-tui-amosa-o-seu-reconecemento-a-jose-font-por-32-anos-ao-fronte-da-emisora-localA Radio Municipal de Tui amosa o seu recoñecemento a Jose Font por 32 anos ao fronte da emisora local

Revista Cousas de Nº23

Jose Font, director da Radio Municipal de Tui, xubílase tras conducir onte luns, 21 de outubro, o seu último programa da mañá, Día a Día, que leva case 30 anos en emisión. Jose Font foi o impulsor deste proxecto de comunicación en Tui, un traballo que comezou hai 33 anos durante as festas de San Telmo. En 1991, liderou o nacemento da Televisión Municipal de Tui, á que se sumaría a Radio un ano despois.

A Radio Municipal de Tui realizou as súas primeiras emisións en 1992, seguindo os pasos da Televisión Municipal, que nacera o ano anterior no marco da FAIM, Feira Agrícola e Industrial do Miño, grazas ao entusiasmo dun grupo de amigos encabezados por Jose Font. O éxito desa experiencia inicial levouno a presentar un proxecto para a creación da Radio Televisión Municipal de Tui, que foi ben acollido polo alcalde naquel momento Miguel Capón Rey. Pouco despois, comezaron os primeiros cursos de formación para profesionais da radio e televisión local, situándose as instalacións nas aulas do antigo instituto, hoxe edificio Francisco Sánchez, que acolleu a redacción, o plató de televisión e os estudios de radio.

Este proxecto continuou coas alcaldías de Antonio Fernández Rocha, Moisés Rodríguez Pérez, Carlos Vázquez Padín e Enrique Cabaleiro González.  A Radio Municipal de Tui converteuse nun referente de información local rigorosa e comprometida. Todo isto, grazas ao traballo incansable de Jose Font e o equipo que dirixiu durante estas tres décadas. Baixo a súa dirección a Radio Municipal de Tui ten sido tamén unha escola para moitos profesionais da comunicación que ao longo de todos estes anos colaboraron, fixeron prácticas e traballaron na emisora tudense.  Dende o primeiro momento o seu foi un compromiso inequívoco co local e o galego. Na despedida do programa confesaba que “non podo marchar da radio porque a radio é a miña vida. Aquí deixo o mellor que me pasou”. Tiña palabras de agradecemento para todo o equipo da radio pero tamén para todas as persoas que o escoitaban cada mañá”.

Este xoves, 24 de outubro, ás 20 h, a Radio Municipal de Tui emitirá un programa especial de Día a Día dende o Teatro Municipal, en recoñecemento ao labor de Jose Font. O evento, de entrada libre até completar aforo, será retransmitido en directo pola propia Radio Municipal de Tui. A apertura de portas será ás 19.30 h.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.