spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA provincia de Pontevedra protagonista na serie "O final do Camiño" patrocinada...

A provincia de Pontevedra protagonista na serie “O final do Camiño” patrocinada pola Deputación

a-provincia-de-pontevedra-protagonista-na-serie-o-final-do-camino-patrocinada-pola-deputacion

A serie televisiva, con localizacións en varios escenarios da provincia, estréase hoxe no primetime de TVE e da TVG

A Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, patrocina a serie “O final do Camiño”, unha produción televisiva que TVE e TVG comezan hoxe a emitir en horario de máxima audiencia. A serie, de oito capítulos duns 70 minutos de duración cada un, ten como escenario protagonista á provincia de Pontevedra xa que “El final del Camino” se rodou principalmente en localizacións dos concellos de Silleda, Lalín, A Estrada, Forcarei ou Vila de Cruces; amosando as canteiras de Rosende e Vila de Cruces, Xestoso, os mosteiros de Carboeiro e Aciveiro, a praia fluvial de Siro, o Pazo de Outeiro en Vilatuxe, a fervenza de Escuadro, Campomarzo, Ansemil, a Carballeira da Barcia ou o Castro da Estrada, entre outros lugares. Ademais empregáronse as instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, onde se recreou a Compostela medieval e as obras de construción da catedral cun set de gravación de 2.500 metros cadrados.

“O final do Camiño”, con doses de loitas de poder, intrigas, historias de amor e desamor, asaltos e batallas, comeza no ano 1065 –dez anos antes do inicio das obras da catedral de Compostela- e vertébrase arredor do Camiño de Santiago. Poderemos ver na serie a actrices e actores como Antonio Durán ‘Morris’, Fina Calleja, Tito Asorey, Deborah Vukusik, Xavier Deive, Fernando Morán, Carlos Villarino, Manuel Regueiro, Antonio Velázquez, Javier Rey, Maxi Iglesias, Begoña Maestre, Guillermo Barrientos, Cristina Castaño, Asier Etxeandia, Ismael Martínez, Juan Fernández, Joan Massotkleiner, Manuel de Blas, Jaime Olías, Patricia Peñalver ou Paco Manzanedo.

A Deputación de Pontevedra,a través de Turismo Rías Baixas, patrocina esta produción ao considerar que os patrocinios de series de éxito, películas, producións audiovisuais e, en definitiva, da industria cinematográfica, son actualmente ferramentas fundamentais para achegar escenarios ás espectadoras e espectadores televisivos e convidalas e convidalos a coñecelos. Esta é unha estratexia empregada habitualmente por diversos destinos turísticos, especialmente aqueles con maior proxección, que acada excelentes resultados a longo prazo.

O patrocinio de “O final do Camiño” convértese na primeira das actuacións para a promoción turística de Rías Baixas no 2017, e que continuará a vindeira semana en Fitur tamén centrada no Camiño de Santiago, co obxectivo de abrir novas vías, máis modernas e vangardistas para destacar as potencialidades da provincia.

NA FOTO E COMEZANDO POLA ESQUERDA: A directora da Televisión de Galicia (TVG), Rosa Vilas; o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña; o actor Miguel Ángel Blanco; o director de Voz Audiovisual, Carlos Carballo; o deputado de Turismo da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez; e a concelleira de Vigo e actriz Uxía Blanco

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.