spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA provincia de Pontevedra con 11 sendeiros azuis, convértese en líder nacional

A provincia de Pontevedra con 11 sendeiros azuis, convértese en líder nacional

Cabo Udra - Bueu
Cabo Udra – Bueu

A provincia suma 64 praias e portos con bandeira azul, so superada por Alacante

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva ven de amosar a súa satisfacción porque con 11 sendeiros azuis a provincia de Pontevedra sitúase como líder nacional, co maior número de distintivos de toda España. Amais, Silva subliñou que as 64 bandeiras azuis en praias e portos de Pontevedra converten á provincia na segunda de España co maior número de galardóns, so superada por Alacante, o que se traduce “nun elemento máis de atracción turística”.

Segundo informou a Presidenta da Deputación, “Galicia conta con 21 sendeiros azuis -moi por riba doutras comunidades autónomas como Valencia que con 15 ocupa a segunda posición nacional-  dos cales 11 sitúanse na provincia de Pontevedra”. Ó respecto, Carmela Silva destacou que os sendeiros azuis “trátanse de itinerarios que enlazan praias e portos con bandeira azul e contribúen ó uso sostible do litoral, así como permiten á cidadanía o goce da natureza e promoven a saúde e o benestar, actuacións polas que debemos apostar todas as administracións públicas”.

Neste contexto, a Presidenta da Deputación de Pontevedra recordou que a institución provincial “puxo en marcha un proxecto común en decembro de 2015 para impulsar a excelencia medioambiental e revitalizar os sendeiros azuis a través da realización de actuacións de sinalización, dotación de mobiliario, reparación de sendas, acondicionamento, restauración de fontes, impulso do aforro enerxético, mantemento e promoción”.

Este proxecto da Deputación de Pontevedra conta cunha dotación de 150.000 € dos cales o 80% apórtaos a institución provincial e o importe restante os concellos de Baiona, Bueu, Cangas, A Guarda, A Illa de Arousa, Nigrán, Ponte Caldelas, Sanxenxo e Vigo que están adheridos ó mesmo.

Carmela Silva destacou que “na actualidade técnicos da Deputación de Pontevedra realizaron xa visitas ós concellos que participan no proxecto para coñecer a súas necesidades” e adiantou que “antes de que remate o mes de maio, asinaranse os convenios cos municipios para levar a cabo actuacións nos sendeiros azuis que nos permitan seguir sendo un referente en España”.

Os 11 sendeiros azuis da provincia de Pontevedra sitúanse en Cangas (Roteiro de Donón), Vigo (Camiño a Beiramar, Senda entre faros e Senda litoral e do Monte da Guía), Bueu (Cabo Udra),  Illa de Arousa (Senda Bao-Xestelas), A Guarda (Senda litoral da Guarda), Nigrán (Sendeiro litoral ecosistema dunar Praia América-Panxón), Baiona (Sendeiro litoral de Baiona), Marín (Sendeiro Azul Ruta das Praias) e Ponte Caldelas (Sendeiro Azul do Río Verdugo).

Lea mais: España lidera o ránking mundial de Bandeiras Azuis, Galicia é a segunda comunidade con máis distinticos (123)

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.