spot_img
InicioGaliciaCompostelaA Policía Local de Santiago imparte unha charla sobre seguridade viaria en...

A Policía Local de Santiago imparte unha charla sobre seguridade viaria en Down Compostela

-policia-local-de-santiago-imparte-unha-charla-sobre-seguridade-viaria-en-down-compostelaNo marco do programa Vivimos as mesmas realidades, a Policía Local impartiu este martes unha charla educativa aos mozos e mozas da Fundación Down Compostela. O obxectivo destas sesións é que os alumnos e alumnas aprendan a circular con seguridade.

O obxectivo xeral do programa é promover a concienciación sobre a seguridade viaria, neste caso entre os adultos da Fundación Down Compostela. Nestas charlas trátase de influír no comportamento viario por medio de novos métodos didácticos, empregando as tecnoloxías da información e varias campañas de sensibilización.

Nestas sesións trabállase en tres frontes: sensibilización e introdución da seguridade viaria nos plans educativos, formación dos máis maiores como membros de pleno dereito da vía e información sobre as actitudes de risco que inciden na sinistralidade viaria.

Nunha primeira parte explícase a teoría e realízanse xogos, cancións e actividades lúdicas. A continuación, faise unha aplicación práctica dos valores aprendidos a través de saídas programadas á vía pública e visitas ás dependencias da Policía Local. Todo isto co fin último de facilitar ferramentas que permitan a estas persoas mellorar a súa autonomía e integración social.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.