O Concello de Baiona presentou esta mañá o proxecto de rehabilitación da emblemática torre do reloxo, situada en rúa do reloxo en pleno centro histórico da vila.
A administración local recuperará unha dos acenos de identidade da localidade: a torre do reloxo. Esta construción, illada do resto de dependencias, segue sendo propiedade do Concello, que a excluíu da venda que fixo nos anos 50 á Seguridade Social.
O proxecto consiste na rehabilitación do edificio do coñecido popularmente como ‘O Reloxo Vello’. A actuación pretende estar en consonancia co edificio adxacente, antigo concello da localidade e que recentemente se reformou como viveiro de empresas.
“Van restaurar a fachada, as xanelas, a escaleira interior, o reloxo e a campá, que é unha das máis antigas de Galicia”, sinalou Anxo Rodal. A intención é abrir ao público a torre e integrala nun percorrido turístico, “Baiona desde o alto”, que incluirá, entre outras, visitas a Virxe da Roca ou as torres da fortaleza de Monterreal.
A rehabilitación do edificio permitirá a súa visita do interior e o propio mecanismo de subida á torre sirva para expoñer e explicar o funcionamento do reloxo e a campá, a súa evolución histórica ou calquera outro tema relacionado.
Desta maneira, localizarase na planta da entrada un pequeno espazo de servizos que permita almacenamento e situar as pequenas instalacións que se poidan prever.
A escaleira é elemento central da edificación que está presente nas 3 plantas. Será totalmente renovada. Esta terá unha gran presenza en planta baixa e irá perdendo masa mentres se vai subindo, quedando reducida á menor expresión na última planta.
O estudo de arquitectos que deseñou o proxecto, Arquétipos, “centrará todo-os esforzos en facer unha arquitectura capaz de recuperar os elementos para a súa volta ao uso, tendo especial coidado neses elementos con valor arquitectónico e tentando coller os sinais que sempre deixan os restos de algo que un día foi “, ha destaco Ramón Vieitez, arquitecto.
Oreco será a empresa construtora que leve a cabo as obras.
Xanelas, muros, forxados, pedras foron analizados con escrupulosa atención para ser interpretados e preservados con coherencia i eficiencia.
O edificio da torre data, segundo a súa ficha patrimonial, do ano 1852. A maquinaria do reloxo e probablemente o propio reloxo son de 1861 segundo os historiadores, o que concordaría coa data de construción da torre.