spot_img
InicioBaixo MiñoA película Al amparo del cielo do chileno Diego Acosta gaña o...

A película Al amparo del cielo do chileno Diego Acosta gaña o Premio Play-Doc 2023

A película Al amparo del cielo do chileno Diego Acosta gaña o Premio Play-Doc 2023A 19ª edición do Festival Internacional de Cinema de Tui, Play-Doc, xa ten palmarés oficial. Al amparo del cielo do chileno Diego Acosta, alzase como triunfadora do certame tras obter o Premio Play-Doc 2023 na competición internacional

Revista COUSAS DE Nº17

O xurado internacional composto pola soada cineasta portuguesa Rita Azevedo Gomes, o realizador e archivista indio Shivendra Singh Dungarpur e Hayet Benkara, curadora e experta de industria e mercados de coprodución internacionais, decidiu outorgar o premio desta 19º edición á película Al amparo del cielo de Diego Acosta por ser un filme «construído no espazo escuro que subsiste entre a vida e a representación, por imaxes dun negro profundo de onde irrompe a luz dun lume primordial coa que o home atravesa as estacións da vida. A supervivencia do home, da arte e do propio cinema, ao amparo do ceo».

Así mesmo, decidiu outorgar unha mención especial a Mourir à Ibiza (un film en trois étés) dos realizadores franceses Anton Balekdjian, Léo Couture e Mattéo Eustachon polo retrato «á vez tenro e triste, como as melodías que o percorren, como os finais de verán dun grupo de mozos, amigos á deriva, tanto na vida como nos afectos como na fabricación desta primeira película, que con todo, atrévese a arriscar con propostas cinematográficas singulares. Mourir à Ibiza é unha película feita man a man, cun futuro que promete».

O palmarés oficial de Play-Doc complétase co galardón da sección competitiva Galicia. O xurado composto pola artista e cineasta francesa Joséphine Derobe, polo crítico de cinema e programador da Filmoteca de Galicia, Jaime Pena e pola produtora Andrea Queralt, decidiu premiar, Devociones de Angel Montero e Maria Serna «por explorar os límites do sensorial tanto a nivel plástico como sonoro e retratar de maneira carnal e sutil os rituais de sanación».

Na competición Galicia, o xurado quixo tamén outorgar unha mención especial ao filme Los saldos de Raúl Capdevila «polo retrato honesto e sincero da realidade familiar e interxeracional do mundo rural aragonés».

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.