spot_img
InicioBaixo MiñoTui recibirá dous millóns de euros de fondos Next Generation para a...

Tui recibirá dous millóns de euros de fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”

Tui recibirá dous millóns de euros de fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”O Concello de Tui recibirá 2 millóns de euros de fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino, PSTD, “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”. Así llo vén de comunicar a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, ao pasar o corte para entrar dentro do financiamento do Plan Territorial de Vilas termais e Cascos Históricos de Galicia 2023”. 

Revista COUSAS DE Nº17

O proxecto presentado inicialmente polo Concello de Tui ascendía a 3 millóns de euros, polo que antes do martes ás 12 h deberá remitir novamente o proxecto adaptando as actuación á subvención concedidas, un trámite no que se está xa traballando.  O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que se trata dun proxecto vinculado sobre toda á declaración de Tui coma Área Rexurbe e o Plan de Dinamización do conxunto histórico da cidade.

Por outra parte o Concello de Tui solicitou tamén, outro PSDT para a rehabilitación do Teatro Principal cun investimento de até 3 millóns de euros. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agarda que este outro proxecto reciba tamén a aprobación para poder acometer así a recuperación deste histórico inmoble situado na praza de Fromista, e para o que o Concello de Tui conta xa cun anteproxecto elaborado polo arquitecto César Portela.  Cómpre lembrar que para esta rehabilitación o Concello ten concedida xa unha axuda de 772 mil euros por parte do Ministerio de Transportes Movilidad y Agenda Urbana (Mitma) ao abeiro do PIREP Local, pero o investimento necesario supera os 3 millóns de euros.

- Publicidade -spot_img