spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA parroquia de Trasmañó (Redondela) festexa o seu patrón con tres días...

A parroquia de Trasmañó (Redondela) festexa o seu patrón con tres días de celebración e a XIII Festa do Cocido

a-parroquia-de-trasmano-redondela-festexa-o-seu-patron-con-tres-dias-de-celebracion-e-a-xiii-festa-do-cocidoA parroquia de Trasmañó celebra esta fin de semana e ata o luns a festa patronal, gastronómica e cultural do seu patrón San Vicente. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Táboas, presentaron esta mañá o evento xunto a Juan González e Fran Gómez, da comisión de festas.

Revista Cousas De Nº20

Será os días 20, 21 e 22 de xaneiro no torreiro da igrexa cunha gra carpa instalada para comodidade dos asistentes. O sábado a xornada comezará ás 09.00 horas cunha salva de bombas e ás 10.00 horas comezará a V Concentración de Vehículos Clásicos. Desde a organización explican que “serán máis dun cento de coches clásicos de toda Galicia e norte de Portugal” os que participarán nesta concentración, e haberá pulpeiro e racións de callos a prezos populares durante a mañá.

Pola tarde ás 17.00 horas celebrarase actos relixiosos e ás 17.30 horas comezarán as cucañas e os xogos populares, con actividades para todas as idades e animación infantil a cargo de T.E.G. Animación con divertidas propostas para os máis pequenos.

A verbena comezará ás 22.00 horas coas orquestras Compostela e Finisterre e ás 00.30 horas terá lugar unha gran tirada de fogos de artificio.

XIII Festa Gastronómica do Cocido de Trasmañó

As actividades do domingo 21 comezarás ás 13.00 horas cos actos relixiosos, e a continuación a sesión vermú amenizada polo grupo de padeireteiras Ledicia de Trasmañó. A degustación gastronómica comezará ás 14.00 horas coa XIII Festa do Cocido de Trasmañó e que inclúe sopa, cocido, sobremesa, café, licores, pan e bebida a un prezo de 28 euros por persoa, ademais contan cun menú infantil de 15 euros. A reserva pode facerse nas cafeterías Rodeo e Puerto Vieira, en Rande, e tamén nos teléfonos 663 176 951 e 670 884 419. Desde a comisión de festas recomendan aos interesados facerse xa cos seus vales “porque xa están vendidas máis da metade das reservas, que serán un máximo total de 300”. Durante a sobremesa do evento haberá xogos con premios para os participantes.

A música chegará s 18.00 horas co dúo Explosión, que será o encargado de amenizar a verbena. A alcaldesa Digna Rivas anima a toda a veciñanza a participar desta festa tradicional “e gozar da gastronomía tan nosa e típica deste tempo”.

O luns, día 22, a xornada comezará ás 09.00 horas cunha salva de bombas anunciando o día do Patrón. Desde as 10.00 horas o grupo de gaitas Foula percorrerá as rúas dos diferentes barios da parroquia. Oficiaranse misas ás 10.30, 11.45 e 13.00 horas, Ao finalizar os actos relixiosos haberá unha gran tirada de lumes e sesión vermú a cargo dos gaiteiros de Foula. A concelleira de Cultura, Rita Pérez, amosou o seu agradecemento “aos veciños e veciñas que fan posible que estas celebracións parroquias se manteñan e manifestou o compromiso do Concello para seguir colaborando con eles”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.