spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Orquestra Kv2211 presentou na AVCD Monte da Mina de Castrelos o...

A Orquestra Kv2211 presentou na AVCD Monte da Mina de Castrelos o seu Ensemble de Chelos

a-orquestra-kv2211-presentou-na-avcd-monte-da-mina-de-castrelos-o-seu-ensemble-de-chelos
@Orquestra Kv2211

A Orquestra Kv2211 presentou este sábado o seu Ensemble de Chelos durante o concerto “Música clásica polas parroquias” que se celebrou na AVCD Monte da Mina de Castrelos e que contou coa presenza de Gorka Gómez, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo

Revista Cousas De Nº19

O concerto, con cheo absoluto, comezou coa actuación da Orquestra Infantil Kv2211 baixo a dirección de Raquel Fernández. Máis de treinta nenos e nenas de 7 a 14 anos de idade, apoiados por músicos colaboradores da Orquestra Xuvenil, interpretaron un amplo repertorio de dez pezas. Podíanse respirar os nervios dos máis cativos que se estreaban coa Orquestra e que non esquecerán este primeiro día.

A continuación, subiu ao escenario o Ensemble de Chelos, integrado por 16 chelistas da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211 que interpretaron dúas pezas adaptadas e arranxadas por Miriam Fernández, directora da agrupación. Co Ensemble de Chelos, a Orquestra Kv2211 dá un paso adiante na diversificación das súas actividades formativas e interpretativas dos músicos de corda que a constitúen. O punto forte deste Ensemble de Chelos é precisamente a integración de todos os violonchelistas da Orquestra, desde os máis pequenos aos máis veteranos.
O ciclo “Música clásica polas parroquias” –deseñado para fomentar e divulgar os instrumentos de corda en todas as áreas de Vigo– forma parte da programación que a Orquestra Kv2211 desenvolve en colaboración co Concello de Vigo.

O próximo concerto da Orquestra terá lugar o domingo 26 de novembro ás 18 horas no Centro Cultural de Bembrive co gallo da celebración de Santa Icía, patroa da música.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.