spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCuntisA Oficina de Turismo de Cuntis obtén por primeira vez a Q...

A Oficina de Turismo de Cuntis obtén por primeira vez a Q de calidade

A Oficina de Turismo de Cuntis obtén por primeira vez a Q de calidadeA Oficina de Turismo de Cuntis obtén por primeira vez a Q de calidade e renova un ano máis o distintivo SICTED de calidade turística
Manuel Campos comentou que “Somos un municipio turístico que debemos prestar atención aos detalles para que o turismo desfrute do noso destino. E unha maneira de facelo e certificar a calidade do servizo de información a través do selo SICTED e a Q de Calidade”
A oficina de turismo de Cuntis obten por primeira vez a distinción da Q de Calidade que ven a refrendar o bo facer do servizo de información turística da vila termal.
O galardón foi recollido polo rexedor cuntiense que estivo acompañado pola tenente de alcalde Conchy Campos na gala celebrada en FITUR ante o que mostrou a súa satisfacción por certificar un servizo que considera fundamental para o concello.
A gala tamén asistiron Carmela Silva como Presidenta da Deputación de Pontevedra e a ministra de Industria, Comercio e Turismo Reyes Maroto. Para ámbalas dúas Manuel Campos tivo palabras de agradecemento polo apoio prestado ao Concello de Cuntis.
A oficina tamén renova por cuarto ano consecutivo o Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) que ten como obxectivo mellorar a experiencia dos e das turistas no destino. É un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ao que está adherida a Deputación de Pontevedra a través do destino Rías Baixas-Provincia de Pontevedra.
O selo SICTED valora e acredita a calidade de diferentes servizos turísticos e oficios que ven así recoñecido o seu esforzo e compromiso coa calidade. Do mesmo xeito, representa unha vantaxe competitiva e de diferenciación fronte a outros axentes do sector.
Manuel Campos comentou que “Somos un municipio turístico que debemos prestar atención aos detalles para que o turismo desfrute do noso destino. E unha maneira de facelo e certificar a calidade do servizo de información a través do selo SICTED e a Q de Calidade”.
- Publicidade -spot_img