Inicio Val Miñor Baiona A oferta deportiva de Baiona para o verán incorpora 3 campus...

A oferta deportiva de Baiona para o verán incorpora 3 campus de integración adaptados a persoas con discapacidade

Co patrocinio de La Caixa e en colaboracións cos clubs, a oferta amplíase este ano con volei praia, bádminton e multideporte adaptado.O Concello de Baiona ofrecerá dende xuño a setembro un total de 16 campus deportivos, tres deles específicas para integración e adicados a nenos e maiores con dificultades motrices ou psíquicas.

O salón de plenos do Concello de Baiona presentou este martes a oferta deportiva municipal para o verán. O alcalde, Ángel Rodal, presidiu o acto ao que tamén asistiron a directora de La Caixa en Baiona, Begoña Abraldes; o xefe de zona da entidade, Igor de las Heras, os concelleiros de Deportes e Accesibilidade, María Jesús Martins e Policarpo Vilar, e representantes de todos os clubs deportivos que participan nos campus.

“O deporte tamén é compartir o coñecemento cos demais e conciliar a vida das familias, por iso quero destacar o gran traballo feito para planificar e desenvolver as actividades, así como agradecer aos clubs e tamén a entidade La Caixa a súa implicación”, destacou o alcalde durante o acto.

Co patrocinio de La Caixa e en colaboracións cos clubs, a oferta amplíase este ano con volei praia, bádminton e multideporte adaptado.

As novidades este ano chegan coa inclusión de dous campus (Baloncesto, Tenis) destinado a nenos (a partir de 7 años) e maiores con dificultades motrices e psíquicas para que se poidan ir incorporando e tamén un  campus específico (Multideporte) adaptado para eles como proba piloto do interese do Concello por ofrecer deporte para todos.

“La Caixa leva xa trece anos colaborando cos campus e seguiremos sumando, especialmente para intentar que non haxa ningunha exclusión con ningunha persoa, sería inxusto e a nosa tarefa social está enfocada precisamente a esta labor, porque os nosos valores son a calidade, a confianza e o compromiso social”, apuntou Igor de las Heras.

“Un paso máis adiante do Concello”

Os campus de Baloncesto e Tenis non terán límite de idade e estarán destinados á integración, mentres que o de Multideporte, a celebrar a primeira semana de setembro vai enfocado de forma específica a persoas con discapacidades. “Trátase dun paso máis adiante para o Concello no esforzo para dar posibilidades de desenvolvemento a todas as persoas e tamén na tarefa de conciliación familiar”, engadiu Policarpo Vilar, concelleiro de Accesibilidade.

O club vigués Amfiv será o encargado de poñer en marcha as actividades adaptadas e o seu presidente, José Antonio Beiro, agradeceu “a gran oportunidade” que reciben do Concello de Baiona e de La Caixa para colaborar.

A oferta  deportiva dos campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais (Erizana CF,Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabarís, Club de Tenis Baiona, Galicia en Danza, MRC Yates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, Westsport Ladeira, Baíña Fútbo Sala, Club de Patín Baiona, Club Atletismo Baiona, Vigo Vóley, Club de Bádminton do Val Miñor, Club Deportivo Amfiv e Club de Ximnasia Rítmica Ronsel) e destaca dentro da oferta deste verán 2017 a incorporación  de campus deportivos tan novos como o Campus de Bádminton e o de Vólei Praia.

Durante o acto de presentación, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, amosou a súa “satisfacción pola calidade humana e deportiva de todos os que estades aquí presentes, xente que vive o deporte con paixón” e destacou que as partidas económicas destinadas a Baiona “están moi ben investidas”.

O Concello de Baiona segue apostando tamén polos Campus de Deportes Náuticos, que se amplían con catro quendas (mañá e tarde) para acoller ao maior número de interesados en practicar vela lixeira (MRC Yates), Piragüismo (Club Piragüismo Baiona) e Windsurf e  Pádel Surf  (WetSports Ladeira).

Dezaseis campus en once semanas de vacacións

Este ano 2017 ofértanse en total 16 campus repartidos entre as 11 semanas de vacacións escolares para conciliar vacacións co traballo familiar con oito  disciplinas no mes de xullo (Tenis, Deportes de Combate, ciclismo, Danza,  deportes Náuticos, F-sala, Multideporte e Vólei Praia) e outras oito  no mes de agosto (Fútbol, Rítmica, Atletismo,  Baloncesto, Deportes Náuticos, Actividades de Patín, Bádminton e Multideporte adaptado).

Desde a Concellería de Deportes e os distintos clubs locais elaborouse un programa técnico e  lúdico orientado cara a un  enfoque común para outorgarlle unha uniformidade á oferta deportiva. Todos os campus desenvólvense ao longo dunha semana, en horario de 10.00 h ata as 14.00 h aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 9.00 h o horario de recepción dos alumnos, a excepción do campus Náutico en xornada de tarde que terá un horario especial.

Axenda Deportiva do Verán

Ademais, durante o acto de presentación tamén se presentaron as competicións e actividades deportivas que o Concello de Baiona organiza este verán. Dende o Triatlón Atlántico, a celebrar este domingo 4 de xuño, ata o vindeiro mes de novembro, o municipio pon en marcha iniciativas de múltiples especialidades.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies