spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA musealización do "novo" Castelo de Soutomaior poderá ser visitada de xeito...

A musealización do “novo” Castelo de Soutomaior poderá ser visitada de xeito gratuito seis días deste mes de maio

o-castelo-de-soutomaior-volve-abrir-as-suas-portas-despois-de-reparar-os-danos-ocasionados-polo-temporalAs xornadas gratuítas serán os días 13,20,21,22, 24 e 25 de maio, incluíndo nas últimas catro datas visitas guiadas para as que haberá que inscribirse. Máis de mil persoas, entre colexios, grupos e axencias de viaxes, teñen feito reservas nas últimas 48 horas desde que se presentou a nova musealización

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar a realización das xornadas de portas abertas gratuítas para descubrir o “novo” castelo de Soutomaior para os días 13,20, 21, 22, 24 e 25 de maio. Segundo explicou Silva, “queremos que toda a cidadanía teña a oportunidade de descubrir, de primeira man, a historia do castelo e dos seus personaxes a través da musealización realizada no recinto histórico”.

Deste xeito, as xornadas de portas abertas comezarán o día 13 de maio, entre as 16 e 19 horas a través de visita libre ao recinto. O día 20 de maio, tamén mediante visita libre, amplíase o horario para que as persoas poidan coñecer o proxecto de musealización entre as 10 e as 19 horas.

Os días 21, 22, 24 e 25 de maio, tamén de 10 a 19 horas, haberá a posibilidade de realizar o percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas. Para participar nas visitas guiadas, que terán lugar ás 11 e 17 horas, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico castelodesoutomaior@depo.es, xa que as prazas están limitadas a un máximo de 22 persoas por grupo.

A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción pola boa acollida que está a ter a noticia da musealización do castelo de Soutomaior. Neste eido, informou que desde o anuncio da reapertura do Ben de Interese Cultural “temos xa reservas de oito colexios da provincia, de seis axencias de viaxes e de grupos que en total suman máis de 1.000 persoas que xa se van a achegar na segunda quincena do mes de maio a coñecer o castelo”.

- Publicidade -spot_img