spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA moteira e blogueira Alicia Sornosa participa tamén na ruta polas Rías...

A moteira e blogueira Alicia Sornosa participa tamén na ruta polas Rías Baixas en moto

moteira-e-blogueira-alicia-sornosa-participa-tamen-na-ruta-polas-rias-baixas-en-motoA xornalista e blogueira, primeira muller de fala hispana en dar a volta ao mundo en moto, contará a súa experiencia visitando a provincia sobre dúas rodas

Hoxe arranca en Vigo a ruta polas Rías Baixas, promovida pola Deputación de Pontevedra, un percorrido circular en moto que contará con paradas nos lugares máis emblemáticos do patrimonio cultural e dará a coñecer os atractivos da provincia.

Neste evento, que conta coa colaboración da institución provincial, participará a xornalista e blogueira Alicia Sornosa, a primeira muller de fala hispana en dar a volta ao mundo en moto relatándoo a través da súa web e redes sociais, que reforzará a acción cun blogtrip no que se fará eco das súas experiencias nas Rías Baixas.

Na primeira ruta, que ten lugar hoxe, visitarán lugares turísticos coma o Castro de Santa Tegra, no concello de A Guarda. Por outra banda, mañá martes percorrerán o interior da provincia a través dos viñedos do Condado, o castelo de Soutomaior e o Pazo de Oca en A Estrada. Xa para rematar, o mércores visitarán unha bodega, a fortaleza da Lanzada, a cidade de Pontevedra e, posteriormente, trasladaranse ao Morrazo, onde farán unha parada en Cabo Home para, finalmente, continuar o último tramo da ruta en Vigo.

Sornosa encargarase de plasmar estas rutas a través do seu blog e redes sociais, nas que conta con case 33.000 seguidores en Facebook, case 9.000 en Instagram, 11.200 en Twitter, 6.623 en Youtube, 124 en Vimeo e 5.670 en su blog. A través destas canles dará a coñecer de maneira online os intereses turísticos, culturais ou gastronómicos da provincia para todos os seus seguidores.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.