spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA 'Mesa do Camiño Portugués' acorda establecer un marco regulamentario para o...

A ‘Mesa do Camiño Portugués’ acorda establecer un marco regulamentario para o seu funcionamiento

a-mesa-do-camino-portugues-acorda-establecer-un-marco-regulamentario-para-o-seu-funcionamiento

Os representantes municipais reclaman a limpeza e conservación da ruta ademais de melloras na súa sinalización

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto coa directora xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, presidiron hoxe a “mesa do Camiño portugués” que celebrouse na Deputación de Pontevedra na que acordaron impulsar un marco regulamentario para facela moito máis operativa.

Carmela Silva destacou a importancia desta mesa de traballo, composta polos doce concellos polos que pasa o Camiño na provincia de Pontevedra, a Xunta de Galicia, as Asociacións de Amigos do Camiño e a propia Deputación de Pontevedra, para establecer traballos conxunto que redunden na difusión deste tramo da ruta a Santiago. Para elo defendeu a necesidade de establecer un regulamento de funcionamento interno que mellore e impulse os traballos desta entidade de colaboración.

Tanto a Presidenta da Deputación como a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia comprometéronse a traballar conxuntamente para ter, no menor espazo de tempo  posible, este regulamento para remitirllo aos doce concellos para que aporten as súas opinións. En todo caso, todos coincidiron na necesidade de que a dirección xeral de Patrimonio defina con claridade a delimitación do Camiño e a súa ruta definitiva que permitirá aos concellos e demais administracións garantir unha maior seguridade para os peregrinos.

A necesidade de que esta entidade colaborativa teña o seu propio regulamento ven dado polo incremento que está a rexistrar o camiño portugués entre os viaxeiros que diríxense a Santiago que, a directora xeral de Turismo cifrou entorno ao 20% do total de peregrinos que chegan á capital de Galicia.

Tamén considerouse necesario incorporar a esta mesa do Camiño portugués aos concellos da denominada “Vía da Plata” que pasa por  Dozón, Laín, Silleda e  A Estrada ademáis dos incluidos na “Variante de a Costa”.

Pola súa parte, os representantes municipais, reclamaron unha actuación urxente de mantemento dos tramos do camiño, que tras os temporais do inverno presenta problemas de tránsito. O representante de Caldas destacou que nalgúns puntos é imposible circular en bicicleta polo camiño polo aumento da maleza e os asolagamentos da auga.

Outra das demandas plantexadas polos concellos foi a necesidade de instar ao Ministerio de Fomento a mellorar a seguridade viaria en algúns puntos do camiño que coinciden con estradas nacionais  e que son cualificados como “puntos negros e perigosos”.

Por último, a Deputación de Pontevedra presentou o proxecto de conservación e valoración do Camiño Portugués, que xunto coas cámaras municipais de Valença, Paredes de Coura, Ponte de Lima e Barcelos, opta a axudas por valor de catro millóns de euros de fondos europeos de cooperación fronteiriza que é totalmente compatible con outras iniciativas desenvolvidas por outras administracións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.