Inicio Pontevedra A Medalla da Cidade de Vigo será este ano para o Consorcio...

A Medalla da Cidade de Vigo será este ano para o Consorcio da Zona Franca

presentacion-en-galicia-do-concurso-europeo-de-navegacion-por-satelite-galileo-masters

O alcalde de Vigo, Abel Caballero desvelou hoxe que o Consorcio da Zona Franca recibirá este ano a Medalla da Cidade polo seu traballo a favor de Vigo.

A institución que agora preside David Regades, recibirá o 27 de marzo, a máxima distinción que otorga o Concello de Vigo polo seu traballo en favor da cidade. Así o anunciou este mércores o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

“A Medalla da Cidade vai a ser para unha institución que é moi querida en Vigo e que nunca a recibiu, e que ademais desde hai uns meses está dedicada integramente á cidade de Vigo e a recuperar a súa presenza”, sinalou o rexedor.

O alcalde destacou que a Zona Franca “é unha institución que durante tantas décadas traballou para a cidade, tivo un tempo intermedio que se dedicou a traballar lonxe de Vigo, pero agora, que recuperou a súa visión viguesa con tantos proxectos, é a hora de darlle a Medalla”, engadiu. 

Ademais da Medalla da Cidade, o alcalde xa propuxo como Vigueses Distinguidos aos colectivos de taxistas, ao director da Coral Casablanca, Óscar Villar; aos centros educativos que cumpren 50 anos e outros pola súa traxectoria singular e, por último, aos xefes de servizo de centros de saúde que dimitiron en defensa da sanidade pública e nos que “representamos a toda a Atención Primaria”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies